Powered By Blogger
Ola nenos e nenas.
Hoxe é venres, 29 de maio de 2020. Casi está rematando o mes de maio, só faltan 2 días e, outro día de moita calor, verdade?

Imos empezar polas tarefas que nos envía a profe Jessie. Xa van.

Repaso dos números con esta canción: counting 1 to 5



Esta canción de movemento (action song)



E, xa para rematar, estes xogos de números.

https://www.youtube.com/watch?v=WsiRSWthV1

https://www.youtube.com/watch?v=WsiRSWthV1


Póis agora paso a mostrar as vosas aportacións, como case sempre de Ángel e de Nora.

Hoxe fixen pelis cos seus traballiños. Adicado a vós, Nora e Ángel.

                                                        Video de Ángel




 






Video de Nora






 

 

 

                                     

Ah, por certo. Nora probou por fin os ovos de codorniz, que son moito maís pequenos ca os de galiña. Védelos na foto?
Sabedes o que é unha codorniz?  pois a averiguar!
                               
                                       CO-DOR-NIZ





E agora os meus videos. 
Hoxe fixen 2 para vós: un do horto e outro dun novo experimento.

Lembrades o video no horto plantando as leitugas e os puerros? Póis hoxe ensínovos nun moi curtiño como creceron as verduras e hortalizas que plantamos eses días.



O experimento que fago hoxe é moi faciliño e seguro que vos encantará...parece maxia que fai que se movan as cousas. Só  precisamos globos e algunhas especias como pementa, pirixel, canela, café moído ou o que teñades na casa. E.....soprar un pouquiño co aire dos vosos pulmóns. A ver que vos parece, facédeo na casa.



Esto é todo por hoxe. Espero que pasedes unha moi feliz fin de semana. 
                                       Un bico enorme

Bos días golfiños e golfiñas.

Hoxe é xoves, 28 de maio de 2020, día de San Xermán e da Nutrición.

Estes días vai moita calor e supoño, que como eu, teredes poucas gañas de traballar....normal, esto é para morrer derritido. Pero bueno, hoxe póñovos algo sencilliño e que vos vai encantar.
Onte pola tarde-noite, mentres tomaba un pouquiño o fresquiño e respiraba un pouco de aire fresco, de súpeto apareceu unha criaturiña pequena  e preciosa que se puxo a pasear ao meu ladiño: "que sorte vou ter", póis hai quen cre que ver este animaliño trae moi boa sorte. E, acordeime de vós e pensei: "seguro que lles gustaría estar aquí para ver ísto, pero, como non poden estar, vou grabalo en video". Pero, antes de ver o video, a ver se adiviñades que era esa criaturiña.

Vouvos dar unha pista do que era.....

                 ADIVIÑA  ADIVIÑANZA
          Son  ovalada e vermella como un
                     
       visto manchas  negras e redondiñas.

       paseo moi veloz polo horto e o xardín,

       e, cando me canso, podo voar, póis teño preciosas aliñas.

Xa sabes  de que pequeno animaliño se trata? pensádeo BEN antes de ver o video, non fagades trampa, vale?




Póis  así é......                  A   XOANIÑA  ou  MARUXIÑA
                                        en castelán  MARIQUITA
                                        en  inglés  LADYBUG  ou  LADYBIRD.




As xoaniñas son insectos voadores preciosos e moi beneficiosos para o horto, póis aliméntanse de outros animáis perxudiciais, como as formigas e os pulgóns que estragan as verduras e outros vexetais. Non só son vermellas, tamén hainas amarelas, laranxas e todas negras. Adoitan ter 7 puntiños, pero hainas de 2 puntiños ata moitos puntiños, sempre negriños. As maruxiñas bebé non teñen puntiños ata que se fan adultas. Teñen 4 ás, 2 verdadeiras transparentes e 2 falsas ou élitros que son as máis bonitas  e son como un escudo que protexe as verdadeiras.
Poderías debuxar unha xoaniña moi grande e coloreala? Tamén podedes facer algunha manualidade con cousiñas que teñades na casa. Algo como esto, por exemplo














Lembra:
teñen  o corpo ovalado e negro e unhas ás falsas ou élitros que son vermellos e con puntiños negros

                               Formas (con imágenes) | Circulo geometrico, Imagenes de circulos ...                                                                                                           
teñen  2 anteas na cabeza 


e   6  patiñas  negriñas, 3 a cada lado do corpo          |  |  |  |  |  |

E agora quero que fagades outro pequeno RETO: volvede a ver o video da xoaniña que paseou pola miña casa e tentade seguila co voso dedo. Xa veredes como corre e é difícil seguila. Veña, a ver se podedes.
                         E logo estas 4 fichiñas:
A primeira é un LABIRINTO: sinalade, primeiro co dedo o camiño que ten 
que seguir a xoaniña e logo con lapis, cera ou rotulador. 




DESCARGAR

E xa, por último, escoitade, cantade e bailade esta bonita canción:
                   "señora de la suerte, la mariquita"




Bueno chicos, é todo por hoxe. Mañá poño fotos vosas e os deberes de inglés, e algunha sospresiña.
Un bico enorme. E non vos derritades coa calor.



Boas tardes rapazada.
Hoxe é martes, 26 de maio de 2020. Celébrase San Felipe Neri e Santa Mariana, Coñecedes alguén que se chame asi?

Seguiremos co  xogo da ruleta, para ver que animal escolleremos dos do conto de "todos hacemos pipí". Hoxe xogaremos con estas letras:  J, M, P D.....................Cal  sairá?


                                         

                                           



                      Saiu a  letra  D  de  DAMIÁN

                     D    de    DRAGÓN   

e   D  de   DINOSAURIO


Agora  terás que elixir o que máis che gusta dos  dous e  investigar sobre él para aprender un montón de cousas. Xa sabes que os  dragóns son animais mitolóxicos e nunca existiron. Os  dinosaurios existiron, pero hai xa millóns de anos que se extinguiron, esto significa que desapareceron da terra e non volveron existir nunca máis. Sabes por que?, sabes que comían, eran grandes ou pequenos, ....
Xa me contaredes.
Agora  vou  ofrecervos unha fichiñas. Nos puzzles ou crebacabezas tedes  que colorear do xeito que máis vos guste e logo recortar  coas vosas tesoiras cada peza polas liñas e, por último, montalos pegándoos  dentro  do espacio rectangular marcado no folio.  
Veña, mans á  obra!

                                                

                                                 




DESCARGAR

Póis xa é todo por hoxe. Vémonos mañá.
Unha  aperta e un bicazo enorme. Muaaa
Ola, golfiñas e golfiños.
Hoxe é  luns 25 de maio de 2020,  Santa María Magdalena e día de África.

A profe Laura mándanos unhas siluetas de debuxiños para repasar cos dedos e para colorear. Podedes repasalos directamente co voso dediño na pantalla do ordenador, do teléfono ou da tablet, ou ben imprimilos e repasalos con rotulador e logo colorealos ou decoralos libremente. Se non podedes imprimilos ou descargalos, poreinos de outro xeito para que poidades. A ver se vos gustan.

BEBÉ

CASA

TIPI

ESTRELA

ÁRBORE

GATO

PARRULO

GALIÑA

COROA

Eu déixovos un pequeno video que preparei para vós con unha actividade que penso que vos gustará e, sobre todo, coa calor que vai, será moi refrescante. E, como xa sabedes, eu suxiro, pero vós deixade  voar a vosa imaxinación e creatividade. Agora que temos máis tempo en familia, manchádevos, que logo entre todos teremos que limpar...hai que axudar na casa...xa  sabedes.




Ángel enviounos un montón de traballos da semana pasada. Moi  ben Ángel, eres un traballador



Ángel formou un montón de nomes de animáis do conto da abella traballadora e dos seus amigos bichiños cos seus tapóns de letras. Xenial!!!
 

                           
                           O  seu  animal favorito do conto foi a abella
                              

Tamén Nora nos enviou unhas cousiñas. Encantoulle ver no ordenador o conto da abella, porque o ten  na súa casa e, mentres miraba e escoitaba o computador, tamén miraba o seu conto. Xenial Nora!!



 Nora mirando o seu computador e o conto que ten na casa


Un agasallo para papá
Bueno, por hoxe nada máis. vémonos  mañá  parruliños.
                            Un  bico enorme. Mua!!

ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES