Powered By Blogger

MURAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO.

Luns, 23 de maio de 2022

Desta vez, para celebrar o "Ano Xacobeo" e coñecer un pouco mellor o Camiño de Santiago, os piratas golfiños peregrinamos a Santiago de Compostela, dun xeito virtual a través da elaboración dun mural, seguindo o Camiño Portugués pola Costa. Fixemos 5 etapas e 101 Km. en total. 

Xa acadamos a codiciada "Compostela".


Imaxe tomada de https://galiwonders.com/blog/el-camino-de-santiago-desde-vigo-mapas-y-etapas

Etapa 1: Vigo-Redondela (16 Km.)

Etapa 2: Redondela-Pontevedra/(18 Km.)

Etapa 3: Pontevedra-Caldas de Reis (23 Km.)

Etapa 4: Caldas-Padrón (19 Km.)

Etapa 5: Padrón-Santiago (25 Km.)

Estas son as fotos do mural completo e de cada unha das etapas cos carteis, frechas e cunchas amarelas e sinalización "oficial" do noso camiño. Tamén fixemos casas, edificios, avións, barcos, peregrinos a cabalo, árbores...Ademais algúns monumentos e lugares importantes como A ponte de Rande, a AP-9, a Illa de San Simón e as bateas da Ría de Vigo e a Catedral de Santiago coa Praza do Obradoiro. A verdade e que quedou PRECIOSO...Que artistazos e artistazas!!!!


ETAPA 1. VIGO-REDONDELA


        ETAPA 2. REDONDELA-PONTEVEDRA


ETAPA 3. PONTEVEDRA-CALDAS DE REIS


       ETAPA 4. CALDAS DE REIS-PADRÓN


             ETAPA 5. PADRÓN-SANTIAGO


Esta peregrinaxe levounos case todo o mes de maio, quedamos exhaustos😏😏, pero pagou a pena o esforzo.

Mirade, mirade....


Espero que vos gustara moito.

Próximo destino:  Illa de San Simón e  Museo Meirande de Rande. Desta vez os piratas por fin viaxarán en barco e vivirán experiencias que os levarán a unha morea de aventuras, busca de tesouros, moitas aprendizaxes e, sobre todo moita diversión en boa compañía.

Unha aperta


ANIVERSARIO DE NAYELI. 6 ANOS

Luns, 23 de maio de 2022                                                                         

O 19 de maio cumpriu 5 anos a nosa compi Nayeli. Celebrámolo todos xuntos e tirámoslle das orellas 6 veces despois de facer a súa bonita coroa e cantarlle o "cumpleaños feliz".

Así de contenta estaba Nayeli, aquí van as fotos..













Moitos parabéns, Nayeli!!!

E agora, un video de cumple para ti..

GRANXA KIRIKO

Domingo, 15 de maio de 2022

Hoxe celebramos o día da familia e quero desexarvos que o pasedes cos que máis vos queren e queredes. 

                   FELIZ DÍA DA FAMILIA

Para celebralo, prepareivos un video con todas as imaxes e videos da visita que fixemos á granxa kiriko o 6 de maio. Supoño que estaredes desexando velas fotos. Hoxe podedes velo en familia, nun día no que o tempo non acompaña moito, perfecto para disfrutalo na casa todos xuntos petisqueando uns flocos de millo (palomitas). 

Espero que vos guste moito😀



VIDEO DE IMAXES  DA VISITA A KIRIKO



VIDEO ADICADO AO DEUS DA CHOIVA NO INVERNADOIRO




Unha aperta forte. 
Vémonos o mércores 18 de maio.






DÍA DA FAMILIA E "POMPIÑAS"

 Venres, 13 de maio de 2022

Ola de novo. 

Aínda que non o pareza, estamos a facer unha morea de cousas. Neste trimestre estamos traballando máis profundamente a lectoescritura, repasando todos os fonemas, a formación de sílabas directas  e de palabras sinxelas. Facémolo en maiúscula, pero estamos introducindo tamén as minúsculas, para que se vaian acostumando ao recoñecemento da súa grafía e aprendendo a escribilas correctamente, facilitando así o seu proceso á primaria. Tedes que ter en conta que hai diferentes ritmos de maduración e de aprendizaxe, polo que hai peques que xa len e escriben casi perfectamente, outros que están empezando a "soltarse" e algúns aínda non están preparados e van máis lentos, polo que hai que seguir traballando con éles, sen agobios e respectando o seu ritmo individual. O reforzo na casa é básico: podedes apoiar na casa xogando con eles a escribir e formar sílabas e palabras sinxelas, ler moitos contos con eles e, pouco a pouco, irán saíndo adiante e, cando menos os esperedes, moitas veces de súpeto, arrincan e xa non paran.

Pois agora paso ás actividades que estivemos a facer nestas semanas. 

15 DE MAIO, DÍA DA FAMILIA

Esta semana, adicámola a facer o agasallo para o "día da familia", que se celebra o 15 de maio. Fixemos un bonito marco moi amoroso con pauciños. Cada neno-a pintou os seus paus de blanco e logo nunha cartolina da cor elixida libremente estampamos un gran corazón. Unha vez rematado o marco, tamén decoramos con flores estampadas o papel para envolvelos e escribimos unha tarxetiña. Xa sabedes o resultado do noso traballo. A que quedou chulo?. 











Aquí vai un pequeno video do proceso de decoración do papel.


MURAL DO CAMIÑO DE SANTIAGO...ADIANTO

O 4 de maio comezamos a facer  un mural do Camiño de Santiago que está quedando precioso, pero vai lento porque estamos poñendo moitos detalles (sinalización, paisaxes, monumentos...) e é bastante grande. Cando esté rematado xa veredes que chulo. Aquí vai un adianto do inicio do proceso.


SOPRAMOS E FIXEMOS ESCUMA E POMPAS DE XABÓN

Hoxe, aproveitando que xa podemos quitar os cubrebocas no exterior e que vai bo tempo, fixemos unha actividade que lles encantou e que disfrutaron moitísimo despois de tantos agobios e restriccións. Fixemos pompas con auga e con xabón soprando unha palliña. Primeiro aprendimos que non había que aspirar, pois beberíamos auga con xabón. Tiñamos que soprar, primeiro practicamos poñendo a man diante e soprando. Logo cada un co seu vasiño e palliña, botamos unha pinguiña de xabón líquido e un pouco de auga. Cando comenzaron a soprar quedaron abraiados con tanta escuma que saía do vaso e caía sobre o chan facendo montañas. Deixamos o chan cheo de charcos e Enzo, con moita maña, pasou a fregona deixando o chan requetebrillante. Aquí van algunhas fotos e dous videos, un de fotos e outro mentres o pasaban tan ben soprando.

Como disfrutaron!!! Mirade 















Agora o outro video ...



Pois esto é todo por hoxe.

Ah, non olvidei subir a visita á granxa kiriko, que seguramente estades desexando vela. Pero teño tantas fotos (sobre 400) que estou a revisalas e seleccionalas para subilo canto antes. Na próxima entrada .....Kiriko

Espero que teñades un feliz día da familia, que o disfrutedes moi ben acompañados. Disfrutade destes 4 días de descanso. Un bico para todos-as





ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES