Powered By Blogger
Xa chegou o ansiado Magosto, que tamén nos gusta moito. Ademais estamos moi contentos porque temos un novo compañeiro que se chama Nico. Benvido Nico.
Aínda estamos en novembro, pero xa fixemos un montón de cousas. No Samaín traballamos moitísismo, pero tamén disfrutamos un montón: decoramos a nosa aula e dúas cabazas, unha grande e outra pequena, fixemos magdalenas de cabaza,¡¡¡riquíiiiiisimas!!!!,vestímonos de pantasmas para dar moito medo, e, o mellor, desfilamos polo calvario para que todo o mundo admirase as nosas bonitas cabazas no Mercado. ¡cantas emocións!
Este curso tamén fomos ao noso horto do cole. Limpamos un pouco e regamos os tomates, os pementos e as plantas aromáticas. Logo recollimos un pouco de terra e metémola nunha maceta para sementar fabas e lentellas.

OS PATRULLEIROS DO POMBAL


Hola  de novo a todos e a todas, Xa  empezamos un novo curso, estamos en 4 anos.  Estamos  contentos-as porque temos 2 compañeiros novos: Ismael e Enzo. Aínda que botamos de menos a Siria.
Como xa temos 4 anos empezamos a formar parte da Patrulla Verde do Pombal. É todo un privilexio poñer no recreo o chaleco da Patrulla e contribuir a mellorar o noso cole.










               XAVI























                            AINHOA









                            NICO





            YASSER








       ISMAEL







                    YAKOV




    




                              YAGO













                               ENZO









                           DANIEL









                          VERA









                       DIEGO








          VEGA






          VANI







                                                                                         
                                                                                           
                                                                                           
       




        MIRYAM    


Aquí estamos de novo con un video moi especial do día dos "Padriños e madriñas lectores" Gracias a os nenos e nenas de 4º que foron uns magníficos lectores e coidadores durante o ratiño da hora de ler: Brais, Alba, Teo, Antía e David.
XA ESTÁ REMATADO O PROXECTO DO SEGUNDO TRIMESTRE, QUE NOS SERVIU PARA INDAGAR E COÑECER AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. 
APRENDIMOS COUSAS COMO A NOSA MEDIDA E O NOSO PESO, A COR DE PELO E DE OLLOS, A COR QUE MÁIS NOS GUSTA A CADA UN, A COMIDA FAVORITA, OS DEBUXOS ANIMADOS PREFERIDOS, O CONTO E O XOGUETE QUE MÁIS NOS GUSTA DA CASA E DA NOSA CLASE....E MOITAS COUSAS MÁIS. TAMÉN APRENDIMOS A LETRA INICIAL DE CADA UN E ALGUNHAS MÁIS...PERO O MELLOR É QUE APRENDIMOS A SENTIMOS INTEGRADOS DENTRO DO NOSO GRUPO E QUE PODEMOS SER TODOS AMIGOS E LEVARNOS BEN, SEN PELEXAR, QUE PODEMOS ENFADARNOS E LOGO FACER AS PACES E PEDIR PERDÓN.  QUE PODEMOS TER UN MELLOR AMIGO-A E SER TAMÉN AMIGO DE TODOS.
QUE TODO O QUE HAI NA NOSA CLASE É DE TODOS E QUE TEMOS QUE COIDALO E TELO ORDEADO.  APRENDIMOS  A COÑECERNOS MELLOR CADA DÍA E A RESPECTARNOS.
AQUÍ VAN ALGUNHAS IMAXES. PODEDES VELO COMPLETO PINCHANDO NO APARTADO  "PROXECTOS  OS  GOLFIÑOS DE 3 ANOS(16-17)"

                                 PROXECTO 2º TRIMESTRE: "CARAS AMIGAS"





EXERCICIOS DE SOPLO

SOPLO CON AUGA E PALLIÑAS Levamos varios días practicando exercicios de soplo. Ao principio costaba un pouco máis, pero xa somos expertos. Fixemos inspiracións e expiracións, primero só con auga, ata ter dominada a técnica. Esto axúdanos a controlar a nosa respiración e a exercer maior dominio e consciencia sobre o noso aparello bucal. Así de ben o fixemos. CON AUGA, XABÓN E PALLIÑAS Unha vez dominadas as técnicas de inspiración e expiración só con auga, aprendimos a facelo con unha pinguiña de xabón líquido, tendo moito coidado non beber a auga, só soltando aire, é dicir soplando hacia fóra. Os nenos quedaron encantados ao ver que canto máis forte soplaban máis escuma saía e máis grande se facían as pompas.

SEMANA DA PRENSA

SEMANA DA PRENSA A semana do 6 ao 10 de marzo celebramos no cole A Semana da Prensa. Os de Infantil fixemos un mural moi bonito con follas de periódico e recopilamos algunhas noticias que nos pareceron interesantes. Tamén compramos un Faro de Vigo o día do quiosco do cole, que costou 0,60 €.
CONTACONTOS: "YO SOY EL MAYOR" con Raquel Queizás
Cociñeiros por un día: mazapáns de Nadal Antes das vacacións de Nadal fixemos unha receita típica desta data, os mazapáns, que son moi fáciles de elaborar, só levan améndoa moída, azúcre, un pouco de auga e ovo para que brillen. Encantounos a experiencia, pasámolo xenial e, encima estaban riquísimos.
SAÍDA AO MUSEO MARCO A nosa primeira excursión do cole foi en decembro, ao Museo de Arte Contemporáneo (MARCO). Fomos en autobús todos xuntos por primeira vez e pasámolo xenial. Había cousas chulísimas. O que máis chamou a nosa atención foi unha obra de arte no chan que parecía unha alfombra azul, pero era de cristais pequeniños. Ademais de contemplar as obras de arte, tamén participamos nun obradoiro para facer a nosa obra de arte particular con cartón e papeis de seda.

ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES