Powered By Blogger
Boas tardes golfiñas e golfiños.

Xa chegou a fin de curso, sen despedidas, sen festival....un pouco triste, pero o importante é que todos seguimos aquí. Espero que todo este tempo de confinamento vos axudara, alomenos un pouquiño, a pasar mellor o voso tempo e a aprender cousas novas. O que está claro é que esta etapa que nos tocou vivir foi unha lección da vida, para facernos entender o que é máis importante, o esencial. Ogallá nunca máis teñamos que pasar por esto de novo, ogallá poidamos volver á nosa vida normal en setembro.

Quero que saibades que, aínda que non tivemos demasiado tempo para coñecernos, pensei moitísimo en vós e boteivos moitísimo de menos. Estou moi orgullosa de vós.
O cole estaba vacío sen vós....sodes os mellores do mundo.

As profes que vos deron clase tamén quixeron despedirse de vós e mandáronme estes videos. A ver que vos parecen.....ah, tamén o profe Fer se acorda moito de vós.

                                       PROFE  FER 
                               PSICOMOTRICIDADE


           MARISA
           COIDADORA   


                                PROFE  TERESA
                                                 MÚSICA



                                       PROFE  MARITA
                       ATENCIÓN EDUCATIVA E APOIO



                                    PROFE  JESSIE
                                          INGLÉS



PROFE  MONTSE
RELIXIÓN  


E  da  miña parte  un conto de despedida sobre a nosa historia no cole:

OS GOLFIÑOS E GOLFIÑAS  VENCEN AO                    
                MALVADO CORONAVIRUS





Agora os vosos videos de despedida, que me encantaron. Ademáis estades todos super  grandes e guapíiiiiisimos.





                                



           

 




E agora  outro agasallo coas fotos que tiñamos do cole e as que me mandastes durante o confinamento.....con todo o meu  cariño 

MOITOS    BICOS          




Póis esto é todo por agora....descansade, xogade, bailade, pintade, debuxade, plantade flores e unha árbore, facede biscoitos e pan, correde e brincade,  facede ioga, tomade un pouco o sol e, sobre todo.......facede o  que máis  vos guste facer, portándose ben con mamá e con papá e.................................

      MOITO   SENTIDIÑO  E  PRECAUCIÓN

Moi boas tardes rapazada.

Hoxe é martes, 16 de xuño de 2020. Xa estamos a punto de rematar este curso tan raro e tan inesperado. 
Hoxe vouvos propoñer 2 cousiñas: un conto moi especial e con sorpresa (xa a veredes  no video) e algunhas actividades que sei que vos gustan.
Tamén quero que fagamos algo especial para fin de curso, póis é a unica maneira que temos de vernos as caras e, alomenos, despedirnos de algún xeito especial: 
propoño que fagades un debuxo do que máis vos guste, mellor grande para que se vexa ben, con unha frase bonita ou lema de ánimo e de despedida ata o ano que ven. Facédevos unha foto ou un video curtiño co debuxo e o lema e, se é posible dicindo algo para que todos poidamos oílo. Podedes facelo tamén en familia, se vos apetece (saír todos no video ou foto). Penso que sería bonito como despedida, xa que os nenos-as non poden verse ata setembro nin entre eles nin a min. Espero as vosas fotos e videos para facer algo bonito. Moitas grazas.

Ángel mandou unha morea de traballos e cousiñas. Moi ben, como sempre, eres un campión.













Nayat mandounos unha foto montado na súa bicicleta xunto coa súa mamá. Gústalles moitísimo andar en bici e ata teñen unha silla especial para levar a Kylian. Moi ben, andar en bici é un deporte moi bo e completo.



                               

Nora tamén nos manda algunhas cousiñas, pero o que máis lle gusta son os puzzles. Xenial Nora,






Póis agora o video do conto que vos prometín. É un conto que xa o limos na clase, pero que sei que vos gusta moito. Lembrade estar moi atentos para ver a sorpresa inesperada deste conto. Xa me diredes se vos fixo rir moito como a min. Veña, alá vai.


Agora uns puzzles e actividades  variadas para que fagades na casa:






DESCARGAR


Lembrade facer o debuxo e mandarmo canto antes, en foto ou en video, como prefirades.
Un bico moi forte para todos
Ola  golfiños e golfiñas.


Hoxe é venres, 12 de xuño de 2020. Celébrase o día Mundial contra o traballo Infantil, para sensibilizar e denunciar a explotación dos nenos e nenas en algúns países do mundo, obrigándoos a traballar e quitándolles o seu dereito á educación, á saúde, ao xogo....así que pensade que sodes moi afortunados, póis tedes a oportunidade de ir ao cole, de ir ao médico cando estades maliños e sobre todo, de cantar, bailar, xogar e disfrutar da vosa familia.
Hoxe fixen 2 videos para vós: un de un experimento que imita a unha lámpara de lava  e  outro de repaso do abecedario e manualidades de animáis (dáctilopintura). Espero que vos gusten moito e que o fagades na casa.

EXPERIMENTOS  CON  LÍQUIDOS: AUGA, COLORANTES ALIMENTARIOS  E  ACEITE. TAMÉN PRECISAMOS UNHA PASTILLA EFERVESCENTE.



REPASO DAS  LETRAS  DO ABECEDARIO  E  MANUALIDADE  DE  DACTILOPINTURA:
FACER  FIGURAS COAS  MANS  PINTADAS POLA PARTE DA  PALMA





Agora  repasade coa  vosa  variña  máxica este abecedario en español con letras  e  debuxos.


 
2

3
4
 Póñovos  fotos  das  figuras de animáis que fixen eu. A ver que figuras facedes vós.
                               

 






   

               


 

                         



   





Xa  remato por hoxe, espero que vos gustasen as actividades e que vos servan  para  pasar mellor esta fin de semana. Como  sempre mándovos un enorme  bicazo  e  moitos  achuchóns. 
Quérovos  e  bótovos  moito de menos, o cole  non  é  nada  sen vós, que sodes os que o enchedes de vida e de alegría.

Como  sempre mándovos un enorme  bicazo  e  moitos  achuchóns.
Boas tardes rapazada. Como estades?



Hoxe é xoves, 11 de xuño de 2020.

Xa falta pouco para que remate este curso e, o día 22 mamá ou papá terán  que ir ao cole a buscar as vosas cousiñas e as notas. Ata ese día seguiremos co blog e con algunhas actividades, pero máis lúdicas e sinxelas. Tentarei subir contos, experimentos, manualidades, etc. Vós tamén podedes mandarme cousas que fagades na casa, en familia, con amigos, saúdos....o que vos apeteza para seguir mantendo o contacto.

A profe Jessie mándanos esta actividade de repaso de inglés.
                    "My happy song", action song

Despóis de ver o video, cantar e facer os movementos, podedes debuxar ou facer unha manualidade de unha cara   Happy



Tamén nos deixa este enlace aos videos e cancións dos libros de inglés por se queredes empregalos.

https://elt.oup.com/student/daisyrobinandme/level01/?cc=gl

A  teacher  Jessie deséxavos que teñades unhas moi boas vacacións e que xoguedes moito. Mándavos moitos bicos


Lembrades  ao  Monosílabo???....póis hoxe lembramos as vogais  co monosílabo e o seu amigo Nícola Cavernícola




E  agora  unhas  fichiñas  para  varios  días.  Espero que vos  gusten  e  sexan divertidas.





DESCARGAR

Agora os vosos traballiños e cousiñas....

Ángel mandou un montón de cousas que fixo e algúns videos. Xenial, como sempre Ángel.



Mirando o video  de  inglés  dos animáis


                                Describindo  unha  bicicleta































                   Póis esto é todo por hoxe. Ata mañá
                                               Moitos bicos e apertas
Boas tardes, golfiños  e   golfiñas.

                               

Como estades?...póis eu hoxe estiven no cole, no areeiro, así que pensei que vos gustaría volver a velo despóis de tanto tempo sen vir ao cole. Mirade como está agora. Que boas lembranzas, verdade?

             O  NOSO  AREEIRO



Tamén estiven na nosa clase sacando  unhas fotos e fixen un xogo con elas. Tedes que buscar as diferencias en cada parella de fotos.                        SEGURO  QUE  O  TEDES  CHUPADO




                       BUSCA   AS  DIFERENCIAS




























Este  xogo  de  buscar o intruso seguro que tamén vos encantará

                         BUSCA  O  INTRUSO



A profe Tamara  envíanos esta canción-conto, a ver que vos parece.




Por hoxe xa é  suficiente, non vos parece?. Espero as vosas fotos e videos.
             Un bicazo enorme para todos. MUAAAAAAA


ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES