Ola golfiños e golfiñas.
Hoxe é venres, 12 de xuño de 2020. Celébrase o día Mundial contra o traballo Infantil, para sensibilizar e denunciar a explotación dos nenos e nenas en algúns países do mundo, obrigándoos a traballar e quitándolles o seu dereito á educación, á saúde, ao xogo....así que pensade que sodes moi afortunados, póis tedes a oportunidade de ir ao cole, de ir ao médico cando estades maliños e sobre todo, de cantar, bailar, xogar e disfrutar da vosa familia.
Hoxe fixen 2 videos para vós: un de un experimento que imita a unha lámpara de lava e outro de repaso do abecedario e manualidades de animáis (dáctilopintura). Espero que vos gusten moito e que o fagades na casa.
EXPERIMENTOS CON LÍQUIDOS: AUGA, COLORANTES ALIMENTARIOS E ACEITE. TAMÉN PRECISAMOS UNHA PASTILLA EFERVESCENTE.
REPASO DAS LETRAS DO ABECEDARIO E MANUALIDADE DE DACTILOPINTURA:
FACER FIGURAS COAS MANS PINTADAS POLA PARTE DA PALMA
Agora repasade coa vosa variña máxica este abecedario en español con letras e debuxos.
Póñovos fotos das figuras de animáis que fixen eu. A ver que figuras facedes vós.
Xa remato por hoxe, espero que vos gustasen as actividades e que vos servan para pasar mellor esta fin de semana. Como sempre mándovos un enorme bicazo e moitos achuchóns.
Quérovos e bótovos moito de menos, o cole non é nada sen vós, que sodes os que o enchedes de vida e de alegría.
Como sempre mándovos un enorme bicazo e moitos achuchóns.

2 |
1 |
3 |
4 |

Comentarios
Publicar un comentario