Powered By Blogger

BUSCAMOS OVOS DE PASCUA

 Venres, 26 de marzo de 2021.


Hoxe viñemos super ilusionados ao cole, pois xa tiñamos preparados todos os traballos do noso proxecto do trimestre para levalos para a casa e, ademais, iamos buscar ovos de Pascua (de chocolate) que estaban escondidos no parque do areeiro. Miña Nai!!!, que emocionados e desexosos de atopar unha morea de oviños e figuriñas de chocolate. Había oviños de cores, uns paxariños e xoaniñas, en total escondimos preto de 40 figuriñas. 

Había unha regra moi importante: os nenos-as que atoparan moitas terían que compartir cos nenos que non atoparan ningunha figura....porque somos compis e temos que ser solidarios. Todos atoparon algún, aínda que houbo compis que atoparon moitísimos.....pero compartiron como bos amigos. 

Fixérono moi ben e pasárono de marabilla.



















PROXECTO DINOSAURIOS: REMATADO

 Hoxe é venres 26 de marzo de 2021.

Por fin rematamos o noso proxecto do segundo trimestre: "unha ollada aos dinosaurios"


Quedou chulísimo e aprendimos unha morea de cousas sobre os dinos, pero, sobre todo, pasámolo xenial aprendendo.

Durante todo o trimestre fixemos moitas actividades e obradoiros:  busca de ósos e de fósiles, colgantes de fósiles con pasta de modelar,  xogamos coa ratona Nievitas a contar dinos, con dinos de xoguete de diferentes tipos e tamaños, con moldes de plastilina das súas formas, con realidade aumentada, e un traballo individual de fichas para aprender moito sobre eles que completamos con un mural coa información e o vocabulariomáis importante e, sobre todo, os traballos tan chulos e impresionantes que fixestes na vosa casa. Para rematar, fixemos unha bolsa chulísima de papel que decoramos para levar os nosos traballos.




















E agora, un video con diapositivas das fichas do proxecto xa rematado. Espero que vos guste. Un bico enorme.




Moi boas vacacións de Semana Santa.












































































































































ANIVERSARIO DE DAMIÁN

 Hoxe é martes, 23 de marzo de 2021.

Onte celebramos o aniversario de Damián, que xa ten.....5 anos. 

                      Felicidades Damián!!!






Aquí vai o teu agasallo...espero que che guste moito.


ANIVERSARIO DE MARÍA

 Ola de novo.

Hoxe celebramos o aniversario de María, que xa ten......5 anos. 

FELICIDADES!!!











E agora, o teu agasallo...espero que che guste

    HAPPY  BIRTHDAY, FROZEN STYLE

DÍA DA MULLER: 8 DE MARZO

Hoxe  é luns, 8 de marzo de 2021, 

Día internacional da MULLER




Na nosa clase conmemoramos este día falando un pouquiño de que significa este día, por que se celebra, como era antes a vidas das mulleres e, sobre todo, falamos da igualdade, que todos podemos chegar a ser o que nos propoñamos ou nos guste, tanto si eres unha muller coma se eres un home, só temos que esforzarnos e loitar por acadalo. 
A cor que simboliza este día é a morada, así que o venres pintamos unhas máscaras na clase, para que hoxe estiveran secas e listas para poñerlles o último detalle. Este será o noso acto reivindicativo  para hoxe.





















                                 MÁSCARAS REMATADAS










              FELIZ  DÍA DAS MULLERES

ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES