Powered By Blogger

ENTROIDO 2022

Domingo, 27 de febreiro de 2022

Durante toda esta semana celebramos o Entroido. Comezamos coas ordes do Meco, que nos ía ordeando traer cousas dos peregrinos. Un día o gorro ou sombreiro, outro o calzado, o chubasqueiro e o bastón (bordón), o zurrón...e así fomos acumulando de luns a xoves, a vestimenta completa.














O venres celebramos a festa, na que todos podiamos vir disfrazados libremente. Había todo tipo de personaxes: princesas, super nenas e super nenos, picachus, maléfica, Chase da patrulla canina, unha fresa, unicornios, vampiresas, spiderman e ata un avó-patriarca xitano. A min encantáronme todos os disfraces. Na biblioteca do cole fixemos unha gran  merendola de zume, patatillas e gusanitos, biscoito de iogur e ovo de chocolate. Tamén celebramos o aniversario de Valeris, pero deixamos algunhas das larpeiradas que trouxo para a volta das vacacións de Entroido, pois xa comeramos moito.

 Logo.....FESTA RACHADA NO PAVILLÓN!!!

Para rematar a festa, no pavillón  xuntámonos todos e puidemos ver os disfraces dos compis do cole, tamén dos maiores, e éles a nós. Animados polos estupendos BARAFUNDA, pegámonos uns bailes moi divertidos e, como era festa, non nos importaba se o faciamos ben ou mal, o importante foi que o pasamos moi ben.











Mirade que ben o pasamos bailando...algúns estaban un pouco "cortados" e non bailaban moito, pero pouco a pouco foron animándose.


A próxima semana máis....o cumple de Valeris e a elaboración do noso gran barco pirata. Ah, tamén empezamos a nosa plantación no horto...
Pasádeo ben durante estas minivacacións. Vémonos o xoves, xa en marzo..😮













































ANIVERSARIO DE ENZO. 6 ANOS

Domingo,  27 de febreiro de 2022

Hoxe toca o turno do noso compi Enzo, que xa ten...6 anos. Celebramos xuntos esta importante data e estas son as fotos coa nosa torta e a súa linda coroa de aniversario.

PARABENS, ENZO!!













E agora o teu agasallo, a ver se che gusta.

ANIVERSARIO DE ANA: 6 ANOS

Xoves, 17 de febreiro de 2022

O 16 de febreiro foi o aniversario de Ana...6 aniños. Ana estaba moi contenta e tróuxonos uns paquetiños moi xeitosos e bonitos de chuches. Moitas grazas e felicidades polo teu cumple.

Así de guapa e feliz estaba coa súa coroa, festexando cos seus compis e as profes....
















E agora  o meu agasallo, especialmente para ti, espero que che encante.

O RESCATE DE MOPITA: SEGUNDA PARTE E RESOLUCIÓN DO "CASO"

Sábado, 12 de febreiro de 2022 

Esta semana, por fin conseguimos rescatar a Mopita das mans do malvado Caramoco. 

Preparamos as evidencias de pasar todas as probas e retos de Caramoco e tamén todo o que nos pediu como rescate para recuperar ao moniño enxaulado. Metimos todo nunha bolsiña e saímos co noso "mapa do tesouro" seguindo paso a paso todas as instruccións.

Primeiro resolvimos as 2 últimas probas que tiñamos pendentes. Escoitamos atentamente as adiviñas que nos levarían aos lugares do cole donde atoparíamos as 2 últimas pistas:

ENIGMA 5: A BIBLIOTECA DO COLE


Conseguimos  a  sílaba TA






ENIGMA 6: O AREEIRO DO PATIO


Corrimos  ao areeiro a buscar a 6ª e derradeira pista. Só nos faltaba unha sílaba para completar o nome do moniño.
Buscamos por todas partes e atopouna....Uxía. Xa tiñamos a sílaba MO e o nome completo. 











Ao voltar á clase, xuntamos todas as nosas pistas:
o quebracabezas de Mopita e o seu nome xuntando as 3 sílabas. Logo revisamos que estaba todo o necesario e metímolo na bolsiña. 
Nora escribiu nun papel todo o que nos pedira Caramoco na súa carta.


E Damián fixo un debuxo precioso dun pirata













                       


E chegou o gran momento, "coller o mapa do tesouro", estudialo ben e sair da clase, o noso barco, e seguir todos os pasos e instruccións. Felipe era o noso "capitán" ese día e Thaila a súa "tenente", así que seguímolos por todo o percorrido que indicaba o mapa.


Primeiro chegamos ao buzón do portalón do cole, donde atopamos unha morea de chaves, todas con palabras escritas, pero tiñamos que buscar a axeitada: só abriría a gaiola a que tivera escrito MOPITA correctamente



A chave correcta era a de cor azul, as outras eran "chaves trampa"


Seguimos o amiño que nos levou ata un banco do patio e, no muro, entre unha morea de vexetación estaba colgada a gaiola....por fín.


Felipe, moi concentrado, encargouse de abrir o candado que pechaba a porta da gaiola



Por fin conseguiu abrila e todos nos puxemos moi contentos


Pero había unha corda con nudos que tivemos que desatar para poder liberar ao noso amigo.




E ao final conseguímolo......que emoción!!!!






Final desta emocionante aventura, que nos ten a todos un pouco toliños....seguro que haberá máis noticias de Rarapata ou de Caramoco

Ah,  aproveito para comentarvos que no blog da biblioteca xa están publicadas as respostas correctas aos primeiros desafíos e os novos DESAFÍOS da seguinte quincena de febreiro. Podedes participar dende a casa axudando aos peques a resolvelo, aínda que terán que buscar no cole a segunda pista para poder resolver o desafío de cor verde (infantil, 1º e 2º de primaria). Terán que traer a resposta correcta escrita nun papel tamaño cuartilla (medio folio) e co seu nome e curso. Eu acompañareinos ao buzón dos desafíos.

Nora, Bruno e Sara xa participaron no primeiro....animádevos!!



















 

ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES