Sábado, 12 de febreiro de 2022
Ao voltar á clase, xuntamos todas as nosas pistas:
A chave correcta era a de cor azul, as outras eran "chaves trampa"
Seguimos o amiño que nos levou ata un banco do patio e, no muro, entre unha morea de vexetación estaba colgada a gaiola....por fín.
Pero había unha corda con nudos que tivemos que desatar para poder liberar ao noso amigo.
Esta semana, por fin conseguimos rescatar a Mopita das mans do malvado Caramoco.
Preparamos as evidencias de pasar todas as probas e retos de Caramoco e tamén todo o que nos pediu como rescate para recuperar ao moniño enxaulado. Metimos todo nunha bolsiña e saímos co noso "mapa do tesouro" seguindo paso a paso todas as instruccións.
Primeiro resolvimos as 2 últimas probas que tiñamos pendentes. Escoitamos atentamente as adiviñas que nos levarían aos lugares do cole donde atoparíamos as 2 últimas pistas:
ENIGMA 5: A BIBLIOTECA DO COLE
ENIGMA 6: O AREEIRO DO PATIO
Corrimos ao areeiro a buscar a 6ª e derradeira pista. Só nos faltaba unha sílaba para completar o nome do moniño.
Buscamos por todas partes e atopouna....Uxía. Xa tiñamos a sílaba MO e o nome completo.
o quebracabezas de Mopita e o seu nome xuntando as 3 sílabas. Logo revisamos que estaba todo o necesario e metímolo na bolsiña.
Nora escribiu nun papel todo o que nos pedira Caramoco na súa carta.
E chegou o gran momento, "coller o mapa do tesouro", estudialo ben e sair da clase, o noso barco, e seguir todos os pasos e instruccións. Felipe era o noso "capitán" ese día e Thaila a súa "tenente", así que seguímolos por todo o percorrido que indicaba o mapa.
Primeiro chegamos ao buzón do portalón do cole, donde atopamos unha morea de chaves, todas con palabras escritas, pero tiñamos que buscar a axeitada: só abriría a gaiola a que tivera escrito MOPITA correctamente
Felipe, moi concentrado, encargouse de abrir o candado que pechaba a porta da gaiola
Por fin conseguiu abrila e todos nos puxemos moi contentos
Final desta emocionante aventura, que nos ten a todos un pouco toliños....seguro que haberá máis noticias de Rarapata ou de Caramoco
Ah, aproveito para comentarvos que no blog da biblioteca xa están publicadas as respostas correctas aos primeiros desafíos e os novos DESAFÍOS da seguinte quincena de febreiro. Podedes participar dende a casa axudando aos peques a resolvelo, aínda que terán que buscar no cole a segunda pista para poder resolver o desafío de cor verde (infantil, 1º e 2º de primaria). Terán que traer a resposta correcta escrita nun papel tamaño cuartilla (medio folio) e co seu nome e curso. Eu acompañareinos ao buzón dos desafíos.
Nora, Bruno e Sara xa participaron no primeiro....animádevos!!
Xenial, sonche moi list@s !!!! ;)
ResponderEliminar