PROXECTO DE TRABALLO 2º TRIMESTRE: "A LUPA LUPITA"
A CIENCIA NA AULA: EXPERIMENTOS COA LUPA LUPITA
No 2º trimestre estamos a traballar un proxecto sobre a ciencia. A protagonista é a Lupa "Lupita Miras Grande" que nos presenta a tódolos seus amigos e amigas do laboratorio e a algúns dos científicos e científicas máis importantes do mundo e da historia. Empezamos a coñecer útiles e aparellos de laboratorio: a lupa, o microscopio e as bacterias, o telescopio, o vaso de precipitados, a probeta, a bureta, o matraz, o embude o termómetro e elementos de seguridade do laboratorio, así como os sinais de precaución; aproveitamos para coñecer o noso sistema solar e os planetas, incluíndo ao planeta enano Plutón. E para rematar coñeceremos a científicos relacionados con estes aparellos: Newton, Galileo Galilei, Einstein, Marie Curie, Dian Fossey, Ramón Y Cajal, Fleming, Edison, Arquímedes... Estamos aprendendo un montón e facendo algúns experimentos que irei explicando e incluíndo as fotos.
O OVO QUE BOTA
O VOLCÁN EN ERUPCIÓN
ENTRE TODOS FOMOS ENGADINDO E MODELANDO CACHIÑOS DE BARRO ARREDOR DA BOTELLA
CANDO REMATAMOS DE POÑER TROCIÑOS E DE MODELAR ASÍ QUEDOU O NOSO VOLCÁN...
DESPOIS VINAGRE
O NOSO VOLCÁN COMEZOU A ERUPCIONAR, COMA UN DE VERDADE... FOI EMOCIONANTE
OS GLOBOS
O primeiro experimento consistía en pinchar un globo con un pau de pincho moruno. Primeiro inflamos os globos. Algúns nenos-as foron capaces sós, pero a outros aínda lles costaba moito.
Logo probamos a pinchalo co pau...estoupou.
Despois mollamos o pau con aceite e pinchamos o globo comenzando polo borde donde estaba atado e rematando, con moito cuidado no outro borde. Conseguimos atravesalo sen que estoupara.
Para o segundo experimento precisamos: unha botella de plástico, vinagre e bicarbonato sódico.
ç
EMPEZAMOS ESTA EXPERIENCIA COS
PLANETAS, FACENDO UN GRAN MURAL
DO NOSO SISTEMA SOLAR. PARA ELO
EMPREGAMOS DIFERENTES TIPOS DE MATERIAIS:
PARA O FONDO: PAPEL CONTÍNUO NEGRO, PINTADO CON PUNTIÑOS DE XIZ BRANCA.
PARA AS LETRAS USAMOS DISCOS
DESMAQUILLANTES QUE CORTAMOS E
COLOREAMOS CON TÉMPERA.
PARA OS PLANETAS USAMOS BOLAS DE POLIESPÁN DE VARIOS TAMAÑOS, QUE TAMÉN PINTAMOS CON TÉMPERA, PARA COLGALAS NO MURAL ATRAVESEINAS CON FÍO DE TANZA.
ASÍ QUEDOU O NOSO MURAL
EXPERIMENTOS DE FLOTACIÓN
EXPERIMENTAMOS CON DIFERENTES MATERIAIS DA AULA PARA SABER QUE PASABA AO METELOS NUNHA CUNCA CHEA DE AUGA: FLOTARÍAN OU AFUNDIRÍANSE.
BOLA DE PLASTILINA, PEZAS DE CONSTRUCCIÓN DE PLÁSTICO, MANDARINA PELADA E SEN PELAR, ESPONXAS, UN TAPÓN DE CORCHO E OUTRO DE PLÁSTICO
O DÍA 17 DE XUÑO CELEBRAMOS O FESTIVAL DE FIN DE CURSO. NÓS INTERPRETAMOS UNHA OBRIÑA DE TEATRO "A ESTATUA ENFEITIZADA". LOGO A NOSA GRADUACIÓN...ESTABAMOS TODOS GUAPÍSIMOS, NERVIOSOS E ENTUSIASMADOS. DÍA DAS LETRAS GALEGAS: MANUEL MARÍA Hola, xa estamos aquí de novo. Esta vez temos un divertido "photocall" de Manuel María, gran poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. VISITA AO MUSEO DO MAR Unha experiencia moi chula, anque fíxosenos un pouco curta. Coa nosa guía, Sonia, Visitamos o acuario e coñecimos moitos peixes como as raias que se enterran na area, lubinas, pintos, cabrachos e tamén os mexilóns agarrados ás cordas coma nas bateas.Pero o que máis chamou a nosa atención foi o pequeno tiburón que non paraba de dar voltas e máis voltas. Aprendimos a diferencia entre a langosta e o bogabante. Tamén realizamos unha actividade na que vimos a mandíbula dun tiburón, comprobamos a electricidade das raias e experimentamos a medida das xigantes baleas. POR FIN VISITAMOS O NOSO HORTO...XA TIÑAMOS MOITAS GANAS. PLANTAMOS TOMATES, PEMENTOS E LEITUGAS. TAMÉN SEMENTAMOS ESPINACAS. AGORA TÓCANOS COIDALAS MOITO. DÍA DOS PADRIÑOS LECTORES: 21 DE ABRIL DE 2016 Este ano, adicado, como xa sabedes, á ciencia, eliximos disfrazarnos de cohetes. O lema da nosa pancarta foi: " Os cohetes do Pombal, en misión espacial". Por primeira vez tiven a inestimable axuda de algunhas mamás e de unha avoa..Ata de irmáns pequenos, como Aleixo de 2 anos e irmán de Antela, que o pasou pipa axudando. Entre todos fixemos a maior parte do traballo unha tarde de martes. O día do paseo polas rúas do Calvario foi estupendo e ata luciu o sol...chegamos cansos, pero pagou a pena o traballo, xa que o resultado foi inmellorable. O venres 29 de xaneiro celebramos todos xuntos no patio do cole o Día da Paz. Estivemos toda a semana traballando o lema que describiu a nosa pancarta: "A Paciencia é a ciencia da Paz". Tamén fixemos unhas bonitas coroas de pomba que decoramos; quedaron preciosas e moi chamativas. O día da celebración soltamos globos con unha mensaxe de PAZ...esperamos que esa mensaxe chegue a todas as partes do planeta terra e poidamos aportar o noso pequeno graniño de area para conseguir un mundo mellor e máis xusto. Aquí vai a canción que estamos a aprender sobre os planetas do sistema solar, de Enrique y Ana. Gustaravos moito. Hola de novo.. aquí vai todo o Nadal. A pose na árbore, a apertura dos agasallos, a merendola e a visita dos nenos e nenas de 5ºA que nos cantaron estupendamente unha panxoliña..No seguinte video a nosa actuación co noso precioso villancico que nos encantou a todos Este curso, o tema troncal é a ciencia: "A lectura non só se inventa, tamén se experimenta". Para abrir boca, a principios de novembro, investigadoras e investigadoras do CSIC de ciencias Mariñas de Vigo, tiveron a amabilidade de visitar o noso cole para darnos uns obradoiros dos traballos científicos que levan a cabo. Fixérono dunha forma amena e divertida. Vimos cabaliños de mar, ovos de quenlla, planton, esponxas e estrelas mariñas...observamos con unha lupa...tamén escubrimos que os debuxos animados que vemos na tele, como os de Bob Esponja son animais que existen en realidade: Bob Esponxa, Patricio Estrela, O Señor Cangrexo, Calamardo o calamar,arenita a científica....Pasámolo de Ciencia VISITA DA CIENTÍFICA DO CSIC on PhotoPeach O SAMAÍN Hola de novo. Aquí van as fotos do Samaín. Este ano vestímonos de monstros, zombis, bruxas e cousas que daban un pouco de medo. Tamén fixemos unhas arañiñas con chupachús e unhas caretas de caveira moi coloridas.....gústanos moito o Samaín..xa veredes os traballiños da clase. SAMAÍN on PhotoPeach REGLETAS DO 1 AO 10 Hola de novo a todos e a todas. Neste novo curso que comezou xa estamos en 5 anos. Como pasa o tempo!!!! Empezamos a traballar coas regletas como ferramenta de aprendizaxe das matemáticas e do cálculo, aínda que tamén as empregamos para desenvolver a creatividade e o pensamento diverxente. Empezamos a coñecer as tregletas de cuissinaire xogando con elas e facendo construciións libres sobre unha cartulina de tamaño A4. Logo,a través de un conto que atopei na web e que me pareceu moi chulo para aprender e memorizar as regletas e a cor que representa cada número. A sorpresa foi que ao día seguinte os nenos-as xa sabían as cores e o número correspondente ao asocialo co obxeto (animal, verdura, froita...) do conto. Fixemos a escaleira de cores dende o 1 ata o 10. Seguimos a traballar con elas case a diario, sobre todo de un xeito manipulativo e intuitivo.

DESPOIS DE VARIOS DÍAS SUMERXIDO EN VINAGRE, A CASCA DO OVO CHUPOU O SEU ÁCIDO E QUEDOU COA CASCA BRANDA E ALGO DESFEITA, COMO AREOSA. O OVO ESTABA COMO GOMOSO E SI O TOCABAS ESTABA BLANDIÑO. OLÍA A VINAGRE MOITÍSIMO. |
EXPERIMENTAMOS TIRANDO O OVO DENDE DIFERENTES ALTURAS PARA SABER SE BOTABA OU NON NO CHAN. P CHAN. PARA ELO COLLIMOS UN PAU-GUÍA. A POUCA ALTURA REBOTABA COMA UNHA PELOTA E NON ROMPÍA. |
A MEDIA ALTURA, CON ALGO DE MEDO... TAMÉN TIVEMOS SORTE.....NON ROMPEU!!!!!!!!!!! |
O VOLCÁN EN ERUPCIÓN
PRIMEIRO PREPARAMOS O VOLCÁN CON UNHA BOTELLA DE AUGA PEQUENA E BARRO. |
ENTRE TODOS FOMOS ENGADINDO E MODELANDO CACHIÑOS DE BARRO ARREDOR DA BOTELLA
CANDO REMATAMOS DE POÑER TROCIÑOS E DE MODELAR ASÍ QUEDOU O NOSO VOLCÁN...
PREPARAMOS O NECESARIO: AUGA CON COLORANTE VERMELLO, VINAGRE, E BICARBONATO SÓDICO
PRIMEIRO METIMOS NO VOLCÁN AUGA,...
DESPOIS VINAGRE
E, POR ÚLTIMO, BICARBONATO SÓDICO E...........
O NOSO VOLCÁN COMEZOU A ERUPCIONAR, COMA UN DE VERDADE... FOI EMOCIONANTE
OS GLOBOS
O primeiro experimento consistía en pinchar un globo con un pau de pincho moruno. Primeiro inflamos os globos. Algúns nenos-as foron capaces sós, pero a outros aínda lles costaba moito.
Logo probamos a pinchalo co pau...estoupou.
Despois mollamos o pau con aceite e pinchamos o globo comenzando polo borde donde estaba atado e rematando, con moito cuidado no outro borde. Conseguimos atravesalo sen que estoupara.
Para o segundo experimento precisamos: unha botella de plástico, vinagre e bicarbonato sódico.
ç
Primeiro metimos dentro do globo unha pequena cantidade de bicarbonato coa axuda do noso embude. Despois botamos bastante vinagre na botella e agarramos o globo nela con moita coidado. Por último fixemos que se vaciara no vinagre o bicarbonato que había no globo, e esperamos para ver que pasaba..... o globo empezou a inflarse só, sen ter que soplarlle....EUREKA!!!!!
OS PLANETAS DO SISTEMA SOLAR
EMPEZAMOS ESTA EXPERIENCIA COS
PLANETAS, FACENDO UN GRAN MURAL
DO NOSO SISTEMA SOLAR. PARA ELO
EMPREGAMOS DIFERENTES TIPOS DE MATERIAIS:
PARA O FONDO: PAPEL CONTÍNUO NEGRO, PINTADO CON PUNTIÑOS DE XIZ BRANCA.
PARA AS LETRAS USAMOS DISCOS
DESMAQUILLANTES QUE CORTAMOS E
COLOREAMOS CON TÉMPERA.
PARA OS PLANETAS USAMOS BOLAS DE POLIESPÁN DE VARIOS TAMAÑOS, QUE TAMÉN PINTAMOS CON TÉMPERA, PARA COLGALAS NO MURAL ATRAVESEINAS CON FÍO DE TANZA.
EXPERIMENTOS DE FLOTACIÓN
EXPERIMENTAMOS CON DIFERENTES MATERIAIS DA AULA PARA SABER QUE PASABA AO METELOS NUNHA CUNCA CHEA DE AUGA: FLOTARÍAN OU AFUNDIRÍANSE.
BOLA DE PLASTILINA, PEZAS DE CONSTRUCCIÓN DE PLÁSTICO, MANDARINA PELADA E SEN PELAR, ESPONXAS, UN TAPÓN DE CORCHO E OUTRO DE PLÁSTICO
O DÍA 17 DE XUÑO CELEBRAMOS O FESTIVAL DE FIN DE CURSO. NÓS INTERPRETAMOS UNHA OBRIÑA DE TEATRO "A ESTATUA ENFEITIZADA". LOGO A NOSA GRADUACIÓN...ESTABAMOS TODOS GUAPÍSIMOS, NERVIOSOS E ENTUSIASMADOS. DÍA DAS LETRAS GALEGAS: MANUEL MARÍA Hola, xa estamos aquí de novo. Esta vez temos un divertido "photocall" de Manuel María, gran poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. VISITA AO MUSEO DO MAR Unha experiencia moi chula, anque fíxosenos un pouco curta. Coa nosa guía, Sonia, Visitamos o acuario e coñecimos moitos peixes como as raias que se enterran na area, lubinas, pintos, cabrachos e tamén os mexilóns agarrados ás cordas coma nas bateas.Pero o que máis chamou a nosa atención foi o pequeno tiburón que non paraba de dar voltas e máis voltas. Aprendimos a diferencia entre a langosta e o bogabante. Tamén realizamos unha actividade na que vimos a mandíbula dun tiburón, comprobamos a electricidade das raias e experimentamos a medida das xigantes baleas. POR FIN VISITAMOS O NOSO HORTO...XA TIÑAMOS MOITAS GANAS. PLANTAMOS TOMATES, PEMENTOS E LEITUGAS. TAMÉN SEMENTAMOS ESPINACAS. AGORA TÓCANOS COIDALAS MOITO. DÍA DOS PADRIÑOS LECTORES: 21 DE ABRIL DE 2016 Este ano, adicado, como xa sabedes, á ciencia, eliximos disfrazarnos de cohetes. O lema da nosa pancarta foi: " Os cohetes do Pombal, en misión espacial". Por primeira vez tiven a inestimable axuda de algunhas mamás e de unha avoa..Ata de irmáns pequenos, como Aleixo de 2 anos e irmán de Antela, que o pasou pipa axudando. Entre todos fixemos a maior parte do traballo unha tarde de martes. O día do paseo polas rúas do Calvario foi estupendo e ata luciu o sol...chegamos cansos, pero pagou a pena o traballo, xa que o resultado foi inmellorable. O venres 29 de xaneiro celebramos todos xuntos no patio do cole o Día da Paz. Estivemos toda a semana traballando o lema que describiu a nosa pancarta: "A Paciencia é a ciencia da Paz". Tamén fixemos unhas bonitas coroas de pomba que decoramos; quedaron preciosas e moi chamativas. O día da celebración soltamos globos con unha mensaxe de PAZ...esperamos que esa mensaxe chegue a todas as partes do planeta terra e poidamos aportar o noso pequeno graniño de area para conseguir un mundo mellor e máis xusto. Aquí vai a canción que estamos a aprender sobre os planetas do sistema solar, de Enrique y Ana. Gustaravos moito. Hola de novo.. aquí vai todo o Nadal. A pose na árbore, a apertura dos agasallos, a merendola e a visita dos nenos e nenas de 5ºA que nos cantaron estupendamente unha panxoliña..No seguinte video a nosa actuación co noso precioso villancico que nos encantou a todos Este curso, o tema troncal é a ciencia: "A lectura non só se inventa, tamén se experimenta". Para abrir boca, a principios de novembro, investigadoras e investigadoras do CSIC de ciencias Mariñas de Vigo, tiveron a amabilidade de visitar o noso cole para darnos uns obradoiros dos traballos científicos que levan a cabo. Fixérono dunha forma amena e divertida. Vimos cabaliños de mar, ovos de quenlla, planton, esponxas e estrelas mariñas...observamos con unha lupa...tamén escubrimos que os debuxos animados que vemos na tele, como os de Bob Esponja son animais que existen en realidade: Bob Esponxa, Patricio Estrela, O Señor Cangrexo, Calamardo o calamar,arenita a científica....Pasámolo de Ciencia VISITA DA CIENTÍFICA DO CSIC on PhotoPeach O SAMAÍN Hola de novo. Aquí van as fotos do Samaín. Este ano vestímonos de monstros, zombis, bruxas e cousas que daban un pouco de medo. Tamén fixemos unhas arañiñas con chupachús e unhas caretas de caveira moi coloridas.....gústanos moito o Samaín..xa veredes os traballiños da clase. SAMAÍN on PhotoPeach REGLETAS DO 1 AO 10 Hola de novo a todos e a todas. Neste novo curso que comezou xa estamos en 5 anos. Como pasa o tempo!!!! Empezamos a traballar coas regletas como ferramenta de aprendizaxe das matemáticas e do cálculo, aínda que tamén as empregamos para desenvolver a creatividade e o pensamento diverxente. Empezamos a coñecer as tregletas de cuissinaire xogando con elas e facendo construciións libres sobre unha cartulina de tamaño A4. Logo,a través de un conto que atopei na web e que me pareceu moi chulo para aprender e memorizar as regletas e a cor que representa cada número. A sorpresa foi que ao día seguinte os nenos-as xa sabían as cores e o número correspondente ao asocialo co obxeto (animal, verdura, froita...) do conto. Fixemos a escaleira de cores dende o 1 ata o 10. Seguimos a traballar con elas case a diario, sobre todo de un xeito manipulativo e intuitivo.
Comentarios
Publicar un comentario