Hoxe é martes 5 de maio, Santo Anxo. A lúa está en fase crecente, esto quere dicir que pronto estará chea. Ten forma de C ao revés.
Que tal o día das mamás, espero que mamá quedara encantada cos vosos agasallos, sobre todo se foron apertas e moito cariño, que é o que máis nos gusta ás mamás.
Hoxe tráiovos un video no meu horto, plantando leitugas, que son verduras. Espero que aprendades moito con el e que vos encante. A min encántame ir ao meu horto. A ver se vos gusta o video.
Aquí tedes algunhas fotos do horto
planta de fresas con flor |
Despóis de ver o video quero propoñervos algo, un pequeno RETO:
buscade na vosa casa algunhas verduras e hortalizas. Logo poñédeas sobre unha mesa ou un papel e escribide ou poñede ao lado de cada unha a súa letra inicial. Por exemplo, se tedes un TOMATE poñede a T ao seu lado. Podedes escribilo na folla ou escribir as letras en tapóns ou en papeliños e logo poñelos ao lado de cada verdura ou hortaliza. Tedes que dicir en alto o nome de cada verdura e de cor ou cores é.
A ver que bonito vos queda...quero fotos!!
DEIXO TAMÉN ESTAS FICHAS PARA FACER ESTES DÍAS
DESCARGAR
Este domingo 3 de maio estivo de aniversario a nosa compi Salomé, que cumpriu 4 aniños.
Felicidades Salomé....Eiqui tes este agasallo, a ver se che gusta.
Agora xa vamos co que me enviastes....espero máis, eh!!!
Empezamos por Sara que xa está empezando a mandar máis cousiñas. Fixo algunhas fichas e está facendo unha casiña de cartón.
Ángel tamén nos mandou cousiñas. Fixo todas as fichas e......
Tamén fixo un cariño para a súa mamá: un corazón enorme de cartón e decorado con macarróns. Quedou precioso. A mamá de Ángel case o come a bicos..
Nayat tamén fixo algunhas cousiñas, aínda que estivo maliño da barriga. Espero que xa estés recuperado
Tamén Noa, de 4 anos, fixo unha bonita casiña de cartón e o tendal da roupa dos porquiños. Moi chulo Noa.
Póis nada máis por hoxe. Ata mañá. Unha morea de bicos e achuchóns. MUA
Comentarios
Publicar un comentario