Boas tardes golfiñas e golfiños.

Xa chegou a fin de curso, sen despedidas, sen festival....un pouco triste, pero o importante é que todos seguimos aquí. Espero que todo este tempo de confinamento vos axudara, alomenos un pouquiño, a pasar mellor o voso tempo e a aprender cousas novas. O que está claro é que esta etapa que nos tocou vivir foi unha lección da vida, para facernos entender o que é máis importante, o esencial. Ogallá nunca máis teñamos que pasar por esto de novo, ogallá poidamos volver á nosa vida normal en setembro.

Quero que saibades que, aínda que non tivemos demasiado tempo para coñecernos, pensei moitísimo en vós e boteivos moitísimo de menos. Estou moi orgullosa de vós.
O cole estaba vacío sen vós....sodes os mellores do mundo.

As profes que vos deron clase tamén quixeron despedirse de vós e mandáronme estes videos. A ver que vos parecen.....ah, tamén o profe Fer se acorda moito de vós.

                                       PROFE  FER 
                               PSICOMOTRICIDADE


           MARISA
           COIDADORA   


                                PROFE  TERESA
                                                 MÚSICA



                                       PROFE  MARITA
                       ATENCIÓN EDUCATIVA E APOIO



                                    PROFE  JESSIE
                                          INGLÉS



PROFE  MONTSE
RELIXIÓN  


E  da  miña parte  un conto de despedida sobre a nosa historia no cole:

OS GOLFIÑOS E GOLFIÑAS  VENCEN AO                    
                MALVADO CORONAVIRUS





Agora os vosos videos de despedida, que me encantaron. Ademáis estades todos super  grandes e guapíiiiiisimos.





                                



           

 




E agora  outro agasallo coas fotos que tiñamos do cole e as que me mandastes durante o confinamento.....con todo o meu  cariño 

MOITOS    BICOS          




Póis esto é todo por agora....descansade, xogade, bailade, pintade, debuxade, plantade flores e unha árbore, facede biscoitos e pan, correde e brincade,  facede ioga, tomade un pouco o sol e, sobre todo.......facede o  que máis  vos guste facer, portándose ben con mamá e con papá e.................................

      MOITO   SENTIDIÑO  E  PRECAUCIÓN

Comentarios

  1. Que duro foi o curso pasado, pero eles , demostraron ser mais fortes que os maiores, e xa levan aprendida a leccion para toda a vida. Vivan onde vivan de adultos xa saben que facer en caso de pandemia, xa somos asiaticos, jeje.
    Agora a disfrutar do primavera e veran 2021 con sentidiño e a ver se para outono,con sorte e esforzo, vacunan os nenos para poder estar sen a Mascara!
    Unha aperta grande _ Nora

    ResponderEliminar

Publicar un comentario