Powered By Blogger

EXPERIENCIAS ROBÓTICAS CON "NIEVITAS"

 Hoxe é venres, 26 de febreiro de 2021.

Esta semana tamén nos iniciamos na robótica co noso rato robot, que fai todo o que lle mandamos. Xa o coñecían un pouco do curso pasado, pero este curso estamos a perfeccionarnos, porque xa contamos moi ben e coñecemos máis números. Fixemos un panel de dinosaurios con números ata o 6 e das súas pegadas.

Empregamos o panel, un dado, o queixo e a nosa ratona, que por certo, é unha chica (as nenas son maioría e todas votaron que fora unha femia). Tamén eliximos ao chou unha letra e saiu a N, polo que o nome tiña que empezar por N. Xogamos a unha choiva de ideas de nomes e saiu por maioría Nieves, cariñosamente, "Nievitas". Agora comezamos a mandarlle ordes a Nievitas. Os afortunados "xefes" de hoxe foron: 

Uxía, Sara e Enzo. 

                                  UXÍA


                         SARA


                           ENZO



Con esta actividade, ademáis de reforzar os conceptos numéricos (número, grafía do número e asociación coa  cantidade), axudando a interiorizalos, aprenden a planificar as súas accións e traxectorias, reforzan a lateralidade e adquiren conceptos espacio-temporais básicos e, o máis importante, adquiren maior seguridade en sí mesmos. Pouco a pouco aprenderán a planificar traxectos máis complexos, ampliando o panel e logo todo o percorrido dando todas as ordes seguidas ata chegar á meta.

Esta experiencia encántalles, estiveron todos moi atentos e desexando ser moi pronto os Xefes.  Seguiremos a semana que ven.

Boa fin de semana para todos. Unha aperta forte.

O NOSO EXPERIMENTO CO VOLCÁN

 Hoxe é xoves, 25 de febreiro de 2025.

O outro día fixemos o noso propio volcán de barro. Xa estaba seco e volvimos a facer o experimento de fabricar a lava do volcán. Bruno, que era o encargado e Ángel, o seu axudante, explicáronnos todo o proceso e volvimos a facer erupcionar o volcán. Neste video vemos o que pasou.

Espero que o disfrutedes.




Un saúdo. Mañá outra nova experiencia.

Seguen as visitas....agora no recreo

 Boas tardes. Hoxe é mércores, 24 de febreiro de 2021.

Seguimos a recibir aos nosos visitantes, 


  os  dinosaurios

pero esta vez estiveron entre nós no patio, na hora do recreo. Así poidemos ver os seus tamaños reais e comparalos co noso tamaño. Verdade que eran enormes? Que pasada!!!

               

    


TIRANOSAURIO  REX

            



T
RICERATOPS



                  




BRAQUIOSAURIO



                 




ANQUILOSAURIO



                



ESTEGOSAURIO



Ata a próxima. Un bico enorme

UNHA VISITA INESPERADA....GUAU!!!

 Ola de novo. Hoxe é luns, 22 de febreiro de 2021.

Temos novas moi interesantes. O venres, un velocirraptor visitou á profe Bego na súa casa e.....vimos o video que o probaba. Pensamos que poderiamos ter sorte e  que nos visitaran na clase, pero a profe Bego dixo que igual tiñan medo entrar con tanto neno e nena, porque son un pouco tímidos. Así que deixamos unha cámara oculta  para ver si viñan durante a fin de semana a ver a nosa aula e  a xogar cos nosos xoguetes. E, efectivamente, viñeron o sábado e estiveron observando a clase, os xoguetes e ata os traballos que estaban secando no cordel. Vaia sorpresa!!!! Nas imaxes aparecen un triceratops, un anquilosaurio e un tiranosaurio enormes que chegaban ao teito, tamén un velociraptor máis pequeno e un braquiosaurio bebé....esto si que é ter moita sorte!!



                    1: VELOCIRAPTOR




       2: TIRANOSAURIO  REX

                   

                 3: TRICERATOPS


                4:BRAQUIOSAURIO


                5: ANQUILOSAURIO



Agora temos a esperanza de que lles guste vir á nosa clase e, tal vez, consigamos que xoguen un pouquiño con nós e, quen sabe?...igual conseguimos facer un selfie con algún...





OBRADOIRO DE MODELADO CON BARRO: VOLCÁN

 Ola de novo. Hoxe é venres, 19 de febreiro de 2021.

Despois de unha semana moi curtiña, rematamos con un obradoiro de modelado de barro no que elaboramos un volcán entre todos. O luns, que xa estará seco, farémolo entrar en erupción 

Para facer o noso volcán empregamos un bote metálico que situamos sobre un prato de plástico. Logo cubrimos todo o bote con barro. Os pequenos xogaron un ratiño libremente con cadansúa boliña de barro e logo foron poñendo anaquiños de barro ata formar unha montaña cada vez máis grande. Aquí vai un video do seu modelado libre, que lles encantou, sobre todo porque mancharon as mans de barro. O barro é un bo material para traballar a motricidade fina e para desenvolver a súa creatividade e expresividade, ademais de ser un momento de relax e conversa. Hoxe era a primeira vez e fixemos algo para todos. Noutras ocasións farán cousiñas individuais e de libre creación. 

                                             




























Ata a próxima. Unha aperta para todos e boa fin de semana.






ENTROIDO 2021

Ola de novo. Hoxe é venres, 12 de febreiro de 2021.

Celebramos o Entroido ao noso xeito. Xa que non foi posible disfrazarnos este ano, nin facer merendola, nin nada do que antes faciamos, alomenos fixemos uns bonitos antifaces: de triceratops, de raposo, de unicornio...que elixiron os nenos-as entre varias opcións e decoraron libremente. Tamén fixemos, xunto cos compis de 5 anos unha máscara moi grande do Entroido galego, a dos Cigarróns de Verín (Ourense). A real é unha careta de madeira de cores chamativas, que se prolonga con unha especie de mitra de metal decorada co debuxo dun animal sobre un fondo liso. Nós fixémola de papel e pintamos os detalles, puxémoslle algodón que logo coloreamos de marrón, para simular a barba dos cigarróns de verdade. Como animal eliximos un gracioso Tiranosaurio Rex.

E, como en todo entroido que se precie, comimos orellas de Entroido....con forma de dinosaurios e de pegadas de dinosaurio. Eu merquei os moldes por Amazon e os nenos-as úsanos coa plastilina. Podedes facer cortadores con unha lata de refresco ou con papel de aluminio.

Aquí vai a receita, por se vos apetece facelas na casa nestes días de descanso.

              ORELLAS  DE DINOSAURIO





Pois  xa me contaredes que tal vos saen se as facedes.
E agora algunhas fotos do que fixemos.








Ata  o xoves. Disfrutade do voso tempo de descanso.
Un bico a todos e todas




María e Catrina

 Luns, 8 de febreiro de 2021

Xa chegou o turno das últimas golfiñas conferenciantes, Catrina e María. María fixo unha preciosa maqueta nun lenzo, con moitas montañas de barro, volcáns e dinosaurios bebendo no río....quedou precioso. Catrina elaborou un pequeno mural sobre o estegosaurio: as súas características, que comía, como era o seu cerebro...e 2 estegosaurios de cartolina moi chulos.

María e Catrina






                                                                   MARÍA

                                      
                                                                    
                      CATRINA


Moi  bo traballo.

Non sei a vós, pero a min encantáronme todos os traballos. E, seguro que aprendimos todos e todas moitísimas cousas que non sabiamos sobre os dinosaurios, incluida eu mesma e os papás e as mamás. O traballo aínda está sen rematar, porque aínda temos moitas cousas que aprender e moitas actividades....e quen sabe!!! igual ata sae de aquí algún arqueólogo ou arqueóloga...
Ata a próxima entrada.



Aniversario de Miriam. 5 anos

 Hoxe, venres, 5 de febreiro, tamén celebramos o aniversario de Miriam, que xa ten 5 anos.

Fixemos unha bonita coroa de cor rosa e cantámoslle o "cumpleaños feliz" e abanicamos as velas para apagalas. Miriam trouxo unhas bolsiñas de chuches e quedou encantada. Feliz Aniversario, Miriam.







E, agora, a túa felicitación...

                  Happy birthday by Minions


Bruno e Enzo

Venres, 5 de febreiro de 2021.
Os  proxectos  de hoxe son  de...............Enzo  e  Bruno,  que quedaron chulísimos e moi didácticos. Enzo fixo unha maqueta  do lugar donde vivían os dinosaurios. Bruno unha maqueta da extinción. Que marabilla de traballos!!!

                   Bruno  e  Enzo





                                     ENZO


 

                        BRUNO




Boa fin de semana, ata o luns





ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES