Powered By Blogger

CANCIÓNS E CONTOS PARA A FIN DE SEMANA

 Venres, 30 de abril de 2021

Como xa é fin de semana e mañá, 1 de maio, é o día do traballo,  só faremos cousas divertidas, como cantar e bailar e escoitar un conto. A profe Tere (música) e a teacher Isa, envíannos algúns videos para que miredes na casa.


           CANCIÓNS EN INGLÉS


                                        Vegetable  song

                       canción dos vexetais

                              Do you like broccoli  ice cream?
                      gústache o xeado de brócoli?


                  Do you like spaghetti  yogurt?
         Gústache  o  iogur de espagueti?
                                
 

                 CONTO  EN  INGLÉS: 
               THE VERY  HUNGRY  CATERPILLAR    
                         (A  EIRUGA  FAMENTA)

 


MÚSICA  EN CASTELÁN  E  GALEGO


                                  RONDA DE LOS VEGETALES

   


                                     A  HORTA  DE  BALBINA

   


                        PARA CRECER DEBEMOS COMER

 


E agora, algúns dos vosos traballiños
                                        
                                               NORA







                                               
                                                 BRUNO




E......A POESÍA  DO  PEMENTO....





Boa  fin de semana para todos....moito ánimo.

NARIZ FELIZ E A RULETA POETA

 Hoxe é mércores, 28 de abril de 2021, San Prudencio (a ver se nos bendice e temos moita, que se necesita toda nestes momentos difíciles). Xa queda un día menos, campións.

Propóñovos un conto e unha actividade moi poética. Espero que vos gusten moito.

A profe Yoli, moi amablemente, gravoume para poder facervos chegar estes 2 videos. Graciñas, profe Yoli.

O conto titúlase "nariz feliz". Trata dunha cenoria que estaba un pouco triste e deprimida porque non era importante, era unha actriz secundaria e ela quería ser a protagonista....e un día.....

                          CONTO: "NARIZ FELIZ"


Agora  outro video coa actividade. Na ruleta da clase agora hai verduras e hortalizas que vós xa coñecedes. 

Fixádevos ben no video, porque hai unha verdura que eu non lembro como se chama. Cal é?

Cada neno e nena tedes que facer unha frase usando o nome da verdura que vos toque en sorte na ruleta e outra palabra que rime con éla.

Por exemplo:  

                                 "cando cortei a cebola, 

                   empecei a chorar como unha amapola"

Veña, animádevos e mandádeme un video cos vosos pareados....estou desexando escoitalos. Tamén podedes escribilos nun folio ou cartolina e facer un bonito debuxo....mandade foto.


                                 A RULETA POETA



E agora, os vosos primeiros traballiños...

Nora enviou unha foto do seu traballo. Encantáronlle os xogos novos que subín ao blog e adiviñou todas as palabras do aforcado. Tamén fixo un debuxo chulísimo da col lombarda. Mirade que bonita

                                           


E Ángel  traballou moito nas fichas que lle mandei a casa, xa que levaba varios días sen poder ir ao cole. E, ademais fixo investigación de varias verduras: cebola, pepino, leituga e cenoria. Como sempre...un traballador





Tamén estivo xogando ao aforcado e ao xogo de parellas verduleiro no seu pc



 Pois nada máis. Ata mañá. Vémonos na videoconferencia....sen máscara.


NOVOS XOGOS: PARELLAS E AFORCADO

 Hoxe é martes, 27 de abril de 2021.

Ola de novo peques, xa queda  un día  menos para  volver á nosa clase outra vez. Xa me contaron que sodes uns superherois porque fostes moi valentes ao facer as PCR e non chorastes nada. Moito máis ca min, que me caían bágoas polos ollos...menos mal que ninguén me sacou unha foto, que vergoña!!!!


Xa estaba desexando  ensinarvos  o  ben que quedaron os vosos novos marcapáxinas, os que fixemos para o día do Libro, co lema: "Boa  lectura e moita verdura"
Cando volvades xa podedes estrealos con un bo libro. 

                 




Tamén quero ensinarvos as fotos que saquei dos vosos cadriños de primavera.





Para hoxe  propóñovos 2 novos xogos que preparei exclusivamente para vós. Son  un xogo de parellas verduleiras e outro de aforcados, tamén verduleiros. Espero que vos gusten moito e que aprendades moito con eles. Aquí van...

               BUSCA  PARELLAS VERDULEIRAS

                        


                   AFORCADO VERDULEIRO

                                  


Lembrade  mandarme  fotos  dos vosos traballiños  para poñer aquí e que os vexan os vosos compis. 

Veña, animádevos

Ata  mañá. Un bico xigantesco

PRIMEIRAS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA A CASA

 Luns, 26 de abril de 2021.

Ola de novo, temos que volver ao blog de xeito diario, porque estamos de novo "confinados"...pero desta vez por pouco tempo, ou eso espero. Ante todo, desexarvos a todos-as que estedes ben de saúde e que o levedes o mellor posible. 

Tentaremos que os peques non perdan de todo o ritmo e que teñan algo que facer cada día e, sobre todo que sigan interactuando cos compis e coas profes. Tamén propoño que fagamos, se pode ser a diario unha pequena videoconferencia para falar un pouco, repasar algunhas cousas xuntos e, sobre todo, para interactuar entre eles e coas profes. Para elo descargade a app oficial da Xunta, que tamén a usamos no cole os profes para videoconferencias cando temos reunións. A app chámase Cisco webex meeting e podedes instalala tanto no pc como no móbil ou tablet, Eu organizarei as reunións e mandareivos os datos da mesma e un código de acceso para que poidades entrar como invitados. Espero que poidamos facelo todos e que resulte positiva esta actividade. A ver se podemos organizar unha xa o mércores. 

Hoxe imos facer un repasiño do proxecto que estamos a traballar na clase, sobre as verduras e hortalizas. 

Repasamos as fichas que xa fixemos, as que quedan prefiro traballalas na clase cos pequenos.

Lede cos nenos a palabra, que a repitan, palmeamos as sílabas, que a escriban nun folio, contamos as letras e escribimos o número, que fagan un debuxo da mesma e o coloreen. Por que letra empeza cada unha? Se tedes na casa algunha delas que a toquen, de que cor é, que textura ten, que forma, tamaño....












Na clase tamén estamos a aprender cousas sobre estes alimentos vexetais tan importantes para unha alimentación saudable. Podedes completar estas actividades con estes videos que vemos na clase, "A comer" de Disney Junior, sobre froitas e verduras. Nós xa vimos varios de verduras. Mirádeos con eles para que estén atentos: ao final de cada video fan 3 preguntas sobre o mesmo. Podedes falar con eles sobre o aprendido e aprender vós tamén. Son super divertidos, interesantes e moi didácticos. 
Tamén aprendimos esta canción: 
"somos los vegetales"


"A Comer": A leituga


                        
           Canción: "somos los vegetales"

                        


Ah, olvidaba contarvos que as verduras que sementamos o 7 de abril, xa son pequenas plantiñas e están a crecer moito cada día. Regareinas eu cada día para que sigan crecendo. Cando sexan máis grandes e xa esteamos todos no cole plantarémolas na nosa parceliña do horto.






Pois, esto é todo por hoxe. Espero que vos gusten as actividades que propoño e, como sempre, podedes mandarme fotos do que vaiades facendo para compartir cos compis. 
Unha aperta moi forte para todos-as

DÍA DO LIBRO E SAN XURXO

 Venres, 23 de abril de 2021. 

Hoxe celébrase o Día do Libro e San Xurxo (Jorge). No cole organizouse unha xornada con actividades especiais para facer honra a este día tan especial adicado á lectura, ese ben tan necesario. Como este ano non puido ser o dos "Padriños e madriñas lectores" as profes fomos a ler e contar historias a outros cursos e agasallamos aos nenos e nenas con unha piruleta e unha boa historia.

A profe Patricia, titora dos de 6º de primaria trouxo un libro moi chulo: "O monstro das emocións". Contounos a súa historia de confusión de emocións como ira, tristura, alegría, tranquilidade, medo e ata amor e nós axudamos ao monstro a ordenar ese caos que tiña, poñendo en cada bote a emoción axeitada. Encantounos esta historia e pasámolo xenial. Moitas gracias profe Patricia.

Ademáis, xa na nosa clase, fixemos un marcapáxinas moi chulo con lema incluído, relacionado co proxecto que estamos a traballar sobre as verduras e hortalizas e levamos para a casa un libro moi bonito de agasallo: "Don Yata. La broma". O luns levaremos os marcapáxinas xa plastificados para que nos duren para marcar moitíiiiisimos libros.






























Moi boa fin de semana. Unha aperta para todos

ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES