Powered By Blogger

ANIVERSARIO DE NAYELI: 5 ANOS

 Mércores 19 de maio de 2021

Hoxe é o aniversario da nosa compi Nayeli, que xa ten....

                               5 anos

                                Felicidades Nayeli

Celebrámolo coa nosa xa famosa torta de fresas, nata e chocolate e con algunhas chuches.






E agora a túa canción: "HAPPY BIRTHDAY"

                       

FROITA CORTADA, LETRAS GALEGAS E DÍA DA FAMILIA

























 Ola de novo. Hoxe é venres, 14 de maio de 2021.

Esta semana xa estamos todos-as incorporados á clase de novo....por fin!!! e xa fixemos unha morea de actividades. 

Seguimos aprendendo moitas cousas novas sobre as verduras e hortalizas. Aprendimos sobre: a alcachofa, a pataca, a remolacha, os espárragos e os porros..xa nos quedan pouquiñas para rematar. Tamén probamos a remolacha cocida en taquiños e comprobamos que o seu zume é rosado e que se pode pintar con el e que mancha moito. Xa sabemos que a remolacha é doce e que con ela faise azúcre. Non puidemos volver ao horto, pois o tempo estivo moi chuvioso, así que non sabemos como están as nosas leituguiñas e as cabazas. Iremos a semana que ven.

                              "A comer:  o  porro"

                 

                            A comer:  a remolacha"

                  

Esta semana tamén tivemos a "semana da froita" no cole e comprobamos que a moitos de nós aínda nos custa moito comer a froita ou comemos moi pouquiña. Tivemos plátanos, mazás, peras e mandarinas. Hoxe cortamos a froita con coitelo e garfo de madeira. Thaila, que hoxe era a encargada foi repartindo os pratos de cartón e Felipe, o seu axudante, repartiu os garfos e os coitelos. Tamén recuperamos os gorros de cociñeiro e cociñeira do curso pasado, que nos fan sentir uns supercociñeiros experimentados. Cortamos plátanos, peras e a remolacha que nos quedaba (algúns non quixeron remolacha, pero a outros encantoulles o seu sabor doce). Así que, mans á obra....agarramos con garfo e cortamos anaquiños co coitelo e  logo...."a comer". Será posible que a froita sábenos mellor se a comemos así? porque, por un fenómeno inexplicable, encantounos a froita con garfo e coitelo e comimos todo super contentos. Haberá que repetir con outras froitas.
















Tamén adicamos uns ratiños á homenaxeada este ano no "Día das Letras Galegas" (17 de maio), Xela Arias. Tan só fixemos un mural moi sinxelo coa súa imaxe e o seu nome. Quedou moi bonito.







Mañá sábado 15 de maio, conmemórase o "Día da Familia" e, para festexalo, fixemos unha manualidade moi bonita e primaveral para agasallarvos neste día tan especial. Ah!!, e,  de parte do Equipo de Dinamización da lingua galega, un agasallo tamén moi especial: unha chapa de Xela Arias. Felicidades familias.



Pasade unha longa e feliz fin de semana

POR FIN FOMOS AO HORTO DO COLE

 Venres, 7  de  maio de 2021.

Por fin  fomos ao noso horto...e fomos os primeiros!!!!

Estabamos moi emocionados e desexando estrear o horto e prantar as nosas primeiras verduriñas.

Primeiro medimos a parceliña con pés, para saber que parte nos tocaba e separámola con unhas macetas baleiras. Despóis empezamos a recoller as pedriñas que había e fomos meténdoas en caixas. Removimos a terra con un sacho pequeno e con unha pá. Fixemos un rego, botamos un pouco de compós de herba e logo fomos prantando as nosas  leituguiñas. Para finalizar, regámolas de unha en unha coas pequenas regadeiras. Quedaron por trasprantar unhas cabaciñas e por sementar pirixel, cabazas e pepinos. Xa iremos facendo pouco a pouco e indo cada semana para regar e quitar pedriñas e malas herbas. Encantounos a experiencia. A ver se temos sorte e crecen moito para poder facer unha boa ensalada.



















Que contentos  volvimos á clase!!



TOCOUNOS NA BIBLIO DO COLE

 Venres, 7 de maio de 2021.

O mércores estivemos de novo na biblioteca e pasámolo xenial, porque estivemos máis tempo e puidemos disfrutar de todas as súas novidades: libros, revistas, xogos, peluches, marionetas...e para ir aprendendo as normas básicas como:

_ Falar baixiño e non berrar

_ Coller os libros da zona que nos corresponde e colocalos nas caixas de corentena ao rematar

_ Colocar os xogos e materiais no seu sitio cando non os vaiamos a usar

_ Deixar a biblioteca recollida e ordeada para non dar moito traballo e que nos deixen voltar cando nos toque.





















Agora  quédanos poder estrear o horto, porque temos que trasplantar as leituguiñas e o pirixel que sementamos na clase,  a  ver se o tempo nos acompaña e podemos ir pronto.
Un saudiño


ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES