Esta semana xa estamos todos-as incorporados á clase de novo....por fin!!! e xa fixemos unha morea de actividades.
Seguimos aprendendo moitas cousas novas sobre as verduras e hortalizas. Aprendimos sobre: a alcachofa, a pataca, a remolacha, os espárragos e os porros..xa nos quedan pouquiñas para rematar. Tamén probamos a remolacha cocida en taquiños e comprobamos que o seu zume é rosado e que se pode pintar con el e que mancha moito. Xa sabemos que a remolacha é doce e que con ela faise azúcre. Non puidemos volver ao horto, pois o tempo estivo moi chuvioso, así que non sabemos como están as nosas leituguiñas e as cabazas. Iremos a semana que ven.
"A comer: o porro"
A comer: a remolacha"
Esta semana tamén tivemos a "semana da froita" no cole e comprobamos que a moitos de nós aínda nos custa moito comer a froita ou comemos moi pouquiña. Tivemos plátanos, mazás, peras e mandarinas. Hoxe cortamos a froita con coitelo e garfo de madeira. Thaila, que hoxe era a encargada foi repartindo os pratos de cartón e Felipe, o seu axudante, repartiu os garfos e os coitelos. Tamén recuperamos os gorros de cociñeiro e cociñeira do curso pasado, que nos fan sentir uns supercociñeiros experimentados. Cortamos plátanos, peras e a remolacha que nos quedaba (algúns non quixeron remolacha, pero a outros encantoulles o seu sabor doce). Así que, mans á obra....agarramos con garfo e cortamos anaquiños co coitelo e logo...."a comer". Será posible que a froita sábenos mellor se a comemos así? porque, por un fenómeno inexplicable, encantounos a froita con garfo e coitelo e comimos todo super contentos. Haberá que repetir con outras froitas.
Tamén adicamos uns ratiños á homenaxeada este ano no "Día das Letras Galegas" (17 de maio), Xela Arias. Tan só fixemos un mural moi sinxelo coa súa imaxe e o seu nome. Quedou moi bonito.
Mañá sábado 15 de maio, conmemórase o "Día da Familia" e, para festexalo, fixemos unha manualidade moi bonita e primaveral para agasallarvos neste día tan especial. Ah!!, e, de parte do Equipo de Dinamización da lingua galega, un agasallo tamén moi especial: unha chapa de Xela Arias. Felicidades familias.
Pasade unha longa e feliz fin de semana
Comentarios
Publicar un comentario