PROXECTOS AS XOANIÑAS (5 ANOS. CURSO 18-19)

Benvidos a 5 anos. Como pasa o tempo.
Durante este curso, adicado a desenvolver valores e actitudes relacionados co coidado e amor á natureza: "No Pombal, lemos en verde", imos traballar e aprender moitas cousas sobre ela, así como a querela, coidala e repectala. O nome da nosa aula é o dun animal, un pequeno bichiño, precioso e moi beneficioso para as plantas e tamén para as persoas: A Xoaniña (tamén Maruxiña, mariquita, ladybird..).
Empezamos falando sobre élas e o que cada un sabía: as cores, a forma, donde viven, que tipo de animal son, etc. Na casa e no cole buscamos moita información e aprendimos moitísimas cousas que non sabiamos. Todo o que aprendimos plasmámolo nun mural xigante que fixemos xuntos e quedou precioso. Tamén aprendimos que podemos facer unha casa de Xoaniñas, que moi amablemente fixo o avó de Nico. Ademais aprendimos que hai moitos outros insectos da familia das xoaniñas: os insectos coleópteros.










Comentarios