Powered By Blogger
XA ESTÁ REMATADO O PROXECTO DO SEGUNDO TRIMESTRE, QUE NOS SERVIU PARA INDAGAR E COÑECER AOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS. 
APRENDIMOS COUSAS COMO A NOSA MEDIDA E O NOSO PESO, A COR DE PELO E DE OLLOS, A COR QUE MÁIS NOS GUSTA A CADA UN, A COMIDA FAVORITA, OS DEBUXOS ANIMADOS PREFERIDOS, O CONTO E O XOGUETE QUE MÁIS NOS GUSTA DA CASA E DA NOSA CLASE....E MOITAS COUSAS MÁIS. TAMÉN APRENDIMOS A LETRA INICIAL DE CADA UN E ALGUNHAS MÁIS...PERO O MELLOR É QUE APRENDIMOS A SENTIMOS INTEGRADOS DENTRO DO NOSO GRUPO E QUE PODEMOS SER TODOS AMIGOS E LEVARNOS BEN, SEN PELEXAR, QUE PODEMOS ENFADARNOS E LOGO FACER AS PACES E PEDIR PERDÓN.  QUE PODEMOS TER UN MELLOR AMIGO-A E SER TAMÉN AMIGO DE TODOS.
QUE TODO O QUE HAI NA NOSA CLASE É DE TODOS E QUE TEMOS QUE COIDALO E TELO ORDEADO.  APRENDIMOS  A COÑECERNOS MELLOR CADA DÍA E A RESPECTARNOS.
AQUÍ VAN ALGUNHAS IMAXES. PODEDES VELO COMPLETO PINCHANDO NO APARTADO  "PROXECTOS  OS  GOLFIÑOS DE 3 ANOS(16-17)"

                                 PROXECTO 2º TRIMESTRE: "CARAS AMIGAS"





EXERCICIOS DE SOPLO

SOPLO CON AUGA E PALLIÑAS Levamos varios días practicando exercicios de soplo. Ao principio costaba un pouco máis, pero xa somos expertos. Fixemos inspiracións e expiracións, primero só con auga, ata ter dominada a técnica. Esto axúdanos a controlar a nosa respiración e a exercer maior dominio e consciencia sobre o noso aparello bucal. Así de ben o fixemos. CON AUGA, XABÓN E PALLIÑAS Unha vez dominadas as técnicas de inspiración e expiración só con auga, aprendimos a facelo con unha pinguiña de xabón líquido, tendo moito coidado non beber a auga, só soltando aire, é dicir soplando hacia fóra. Os nenos quedaron encantados ao ver que canto máis forte soplaban máis escuma saía e máis grande se facían as pompas.

SEMANA DA PRENSA

SEMANA DA PRENSA A semana do 6 ao 10 de marzo celebramos no cole A Semana da Prensa. Os de Infantil fixemos un mural moi bonito con follas de periódico e recopilamos algunhas noticias que nos pareceron interesantes. Tamén compramos un Faro de Vigo o día do quiosco do cole, que costou 0,60 €.

ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES