Powered By Blogger

Museo do Mar



Hoxe, 28 de febreiro, visitamos o Museo do Mar de Vigo.Pareceunos unha bonita forma de aprender moitas cousas novas sobre a vida de algúns animais mariños e a influencia negativa das persoas no medio mariño. Falamos de a invasión dos plásticos e a súa incidencia negativa sobre os animais que viven nese mar cheo de lixo xenerado por nós. Cunhas canas pescamos residuos: latas de aluminio, briks de leite, bolsas e tapas de plástico....logo enchemos o contenedor amarelo. Tamén aprendimos que nos acuarios non podemos sacar fotos con flash, xa que os peixes non poden pechar os ollos, non teñen párpados, e coa luz forte podemos dañalos ou deixalos cegos. A lección do día foi: será moi difícil limpar ben os mares de lixos plásticos, tan dañinos para os animais, que ademáis nos serven de alimento. Pero está nas nosas mans contribuir a que vaian desaparecendo pouco a pouco se comezamos a empregar outro tipo de materiais a diario: botellas reutilizables, bolsas de tea..non usar pratos, cubertos..de plástico..en fin, aprender a coidar mellor do noso planeta, porque nós somos parte de el e dependemos un do outro.
Xa empezamos esta semana a respirar o ambiente do Entroido que tanto gusta aos nenos e nenas, e que tanto traballo da ás profes.
Comenzamos a semana coas ordes do Meco: o primeiro día algo feito con material de refugallo, outro día unhas gafas, outro algo na cabeza, e, o último día un peixe.

Mañá, 1 de marzo. gran desfile polo Paseo do Calvario, disfrazados de.......uns bichiños moi bonitos que son os soldados que vixían e coidan do nosos hortos e din por ahí que dan moita sorte. ?????





Para celebrar o día da Paz (30 de xaneiro) fixemos unha bonita carreira solidaria: corrimos por todolos nenos e nenas do mundo que o están a pasar mal. 
Colaboramos coa O.N.G: SAVE THE CHILDREN






A Paz. Xuntamos corazóns partidos







Mural da paz: meus amigos

                          MURAL DO DÍA DA PAZ: CALIGRAMA COAS PALABRAS

                                    MEUS AMIGOS





Tanxarina teatro: A galiña azul

ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES