PROXECTO "XA VOU AO COLE...EMPEZO A SER MAIOR"
Durante o 1º trimestre deste curso, tralo periodo de Adaptación, comenzamos este proxecto, no que traballamos cos nenos e nenas as normas básicas para o bo funcionamento da aula: seguridade e hixiene, autonomía, rutinas diarias e convivencia cos compañeiros-as e coas profes. Todo xurdiu a partir do interés que espertou nos nenos un conto titulado "¿puedo mirar tu pañal?", da editorial sm. Aquí deixo as fichas coas que traballamos para complementar o traballo diario e nas que plasmamos gran parte das normas e rutinas que aprendimos.
CHEGOU O MAGOSTO on PhotoPeach
VOLVER A CASA POR NADAL on PhotoPeach
PROXECTO SEGUNDO TRIMESTRE: SON MEUS AMIGOS No segundo trimestre traballamos cos nomes dos nenos-as. Elaboramos un proxecto no que empezamos por indagar nos gustos e características de cada neno-a: aspectos físicos (cor de pelo e de ollos, estatura e peso)e gustos persoais (comida, debuxos animados, cor e xoguete favoritos. Tamén se traballou o nome e, sobre todo a letra inicial. o OBXECTIVO era que todos se coñeceran mellor, que se sentisen protagonistas e partícipes da vida da aula e que se iniciasen na aprendizaxe do alfabeto a través do traballo cos nomes.
DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA on PhotoPeach
NESTE ENTROIDO TRAPALLEIRO...MOVE O TEU TRASEIRO on PhotoPeach
No segundo trimestre tamén fixemos un traballiño sobre os dinosaurios, aproveitando a exposición sobre Dinosaurios no IFEVI, que visitamos a finais do primeiro trimestre. Aprendimos cousas sobre os dinosaurios: os seus nome (algúns moi longos e con moitas letras), o que comían, os seus tamaños e alturas, o seu medio (auga, terra e aire), os seus restos (fósiles e pegadas)...Pintámolos con diferentes técnicas e materiais, cada un de unha cor. Logo fixemos un bolsiño en forma de ovo e metimos todos dentro. Para rematar, pedimos ás mamás e papás que trouxeran da casa pinzas da roupa: unha pinza de cada cor coas que os pintamos. Xogamos a asociar cada pinza co dino correspondente (pinza azul-dino azul, pinza verde-dino verde...).
FOTOS PROXECTO DINOS on PhotoPeach
PROXECTO ANIMALARIO on PhotoPeach
A nosa aula está de novo chea de animaliños: de cartón, de bolsas de papel, goma eva, fieltro, papel de lixa.... Aprendimos os seus nomes en galego e en inglés, cousas das súas vidas, alimentación, reproducción...vimos imaxes deles en libros e no ordenador da clase. Formamos en parellas os seus nomes no chan da asamblea con letras magnéticas. Pero o mellor de todo é que inventamos un animal "monstruo" ao que bautizamos MOPICOGA, porque é 4 animais á vez: ten cola de mono, patas e pes de pingüín, cabeza de crocodilo e corpo de galiña. É un pouco raro, pero quedou moi chulo. Xa o coñeceredes!!! Mural animalario on PhotoPeach
Tamén fixemos un bonito mural cos nosos amigos e amigas de 3 anos A de unha paisaxe donde se esconderán os nosos animaliños. Cando esté rematado xa o veredes.
Hola de novo. Tal e como prometera, aquí vos presento ao noso animaliño, un pouco raro e monstruoso: O MOPICOGA
POR FIN REMATAMOS O PROXECTO ANIMALARIO, ESPERO QUE VOS GUSTARA. QUEDOUNOS ASÍ DE BONITO. VÉMONOS O CURSO QUE VEN CON ÁNIMOS RENOVADOS E XA...EN 4 ANOS. BICOS E APERTAS PARA TODOS E PARA TODAS.
BOAS VACACIÓNS.
FICHAS ANIMALARIO DOS NENOS-AS on PhotoPeach

Comentarios
Publicar un comentario