Powered By Blogger

Juan D y Beatriz, Canción ES NAVIDAD

o próximo venres será o festival de Nadal. Estamos a ensaiar moito unha panxoliña de "Ciudad Arcoiris" moi chula. Esperamos que nos aplaudades moito. Aquí vai un enlace a Youtube donde poderedes disfrutala e aprendela.

MAGOSTO NO COLE

HOXE CELEBRAMOS O MAGOSTO NO COLE...FIXEMOS UN MONTÓN DE COUSAS: BOTAMOS DÚAS SEMANAS FACENDO CON CARTÓNS DE LEITE A CAIXIÑA PARA O DÍA DO MAGOSTO: SERÁ A NOSA CAIXA DOS TESOUROS. A PROFE CORTOU OS CARTÓNS DO LEITE EN FORMA DE CAIXA. LOGO PEGÁMOSLLE PAPEL DE COCIÑA CON COLA BRANCA. CANDO ESTIVO SECO PINTÁMOLAS A GOLPE DE PINCEL DA COR QUE QUIXEMOS. E, POR FIN FIXEMOS GOLPIÑOS DE PINCEL CON CORES DIFERENTES. TAMÉN FIXEMOS UNHA CASTAÑA CON GOMA EVA QUE PINTAMPS DE MARRÓN. POR ÚLTIMO PUXEMOS UN VELCRO PARA PODER PECHAR A CAIXA E A PEQUENA CASTAÑA DE ADORNO. QUEDARON MOI CHULAS...PARECÍAN OS CADROS TAN COLORIDOS DE ANTONIO FRAGUAS. O DÍA DO MAGOSTO FIXEMOS XOGOS CON TODOS OS AMIGOS E AMIGAS DE INFANTIL: O TRAGACASTAÑAS, A CASTAÑA POR DETRÁS, A CASTAÑA QUENTE, CARREIRA DE CASTAÑAS POLO CAMIÑO, BUSCA DO TESOURO CASTAÑEIRO...E, POR FIN, COMIMOS CASTAÑAS....UMMMMM QUE BOAS SON. O MAGOSTO PASADO POR AUGA on PhotoPeach
AFUNDACIÓN. "VEXO, VEXO...TI QUE VES?" on PhotoPeach EN NOVEMBRO FIXEMOS A PRIMEIRA SAÍDA DESTE CURSO. VISITAMOS UN OBRADOIRO DE PINTURA ADICADO A ANTÓN PULIDO, EN AFUNDACIÓN. CHOVEU UN POUCO, PERO FOI DIVERTIDO E APRENDIMOS MOITO.

AS PANTASMAS DO SAMAÍN

SEGUIMOS CO SAMAÍN..CANTAS COUSAS FIXEMOS. PANTASMAS... TERRORÍFICOS? CON REBANADAS DE PAN DE MOLDE, UN POUCO DE QUEIXO DE UNTAR E CARAMELO LÍQUIDO ELABORAMOS UNHAS BONITAS PANTASMAS...E BASTANTE SABROSAS. QUEDARON MOI CHULAS, PERO A TODOS NOS GUSTARON MÁIS AS GALLETAS DE CABAZA. TERRORÍFICAS PANTASMAS DE QUEIXO on PhotoPeach

SOPLAREI E SOPLAREI.....A AUGA DERRAMAREI




ESTES  DÍAS  TAMÉN  ESTAMOS  APRENDENDO A INSPIRAR E A EXPIRAR EMPREGANDO PALLIÑAS E AUGA.  MIRADE QUE BEN O FACEMOS.
POLO MOMENTO FACEMOS POMPAS CON AUGA E ASÍ, CANDO REMATAMOS PODEMOS BEBELA. MÁIS ADIANTE PORÉMOSLLE XABÓN Á AUGA PARA QUE AS POMPAS SAIAN DO VASO.
           COCIÑEIROS POR UN DÍA: 
                                                                                                                                                        AQUÍ VAI UN ADIANTO...AÍNDA HAI MÁIS


         

               GALLETAS DE CABAZA

INGREDIENTES:
PURÉ DE CABAZA: 300 GRAMOS DE CABAZA        
                                  1/2 RAMIÑA DE CANELA
                                  100 GR. DE AZÚCRE (UN POUCO MENOS SE QUEREMOS)
                                   A RALLADURA DUN LIMÓN

MASA: 100 GR. DE MANTEQUILLA REBLANDECIDA
             100 GR. DE AZÚCRE
              2 OVOS
              400 GR. DE FARIÑA
              UNHA PINGUIÑA DE SAL
              O PURÉ DE CABAZA (SOBRE 180 GR.)

FACEMOS O PURÉ COCENDO EN AUGA A CABAZA EN DADIÑOS E A RAMIÑA DE CANELA. CANDO ESTÁ COCIDO BALEIRAMOS CASE TODA A AUGA E ENGADIMOS A RALLADURA DE LIMÓN E O AZÚCRE. DEIXAMOS AO LUME FROUXO PARA QUE CARAMELICE. QUEDA UN PURÉ QUE PARECE MARMELADA...MOI BO PARA TORRADAS.
DEIXAMOS ENFRIAR O PURÉ.
POÑEMOS NUN BOL TODOS OS INGREDIENTES E REMOVEMOS MOI BEN. ENGADIMOS POUCO A POUCO A FARIÑA PENEIRADA E TRABALLAMOS A MASA. QUEDARÁ UN POUCO PEGAXOSA. CANDO ESTÉ UN POUCO MALEABLE FACEMOS UNHA BOLA ALONGADA E METÉMOLA E ENVOLVÉMOLA EN PAPEL SULFURIZADO OU PAPEL DE FORNO. METÉMOLA UNHA HORAS NO FRIGORÍFICO PARA QUE ENDUREZA. 
RECÉN SACADA DO FRIGORÍFICO ESTIRÁMOLA CO RODELO E DÁMOSLLES FORMA, CON MOLDES OU COAS MANS.
PREQUENTAMOS O FORNO A 180ºC E COCÉMOLAS A 160ºC DURANTE 15 OU 20 MINUTOS, DEPENDENDO DO TAMAÑO.

COAS MANS NA MASA. CHEFS POR UN DÍA on PhotoPeach


ESTA  SEMANA ESTAMOS A CELEBRAR O  SAMAÍN,  UNHA FESTA DE ORIXEN CELTA QUE ESTÁ VOLVENDO A RESURXIR DENDE HAI VARIOS ANOS...E QUE LLES ENCANTA AOS NENOS-AS. OS CELTAS TIÑAN A CRENZA DE QUE EN TODOS OS SANTOS, PRIMEIRO DÍA DE NOVEMBRO, OS DEFUNTOS VOLVÍAN Á TERRA A VISITAR AOS VIVOS...ASÍ QUE DECIDIRON ASUSTALOS.
AS  CABAZAS SON MOI APROVEITABLES PARA ESTAS DATAS, PORQUE, ADEMAIS DE SER UN SÍMBOLO DESTA CELEBRACIÓN, SERVEN PARA FACER UN MONTÓN DE ACTIVIDADES COS NENOS E NENAS. ESTE ANO APROVEITAMOS PARA APRENDER O PROCESO DE CRECEMENTO DA CABACEIRA: BALEIRAMOS UNHA CABAZA, DISFRAZÁMOLA PARA DAR MEDO, QUITÁMOSLLE AS SEMENTES E METÍMOLAS NUNHAS PEQUENAS MACETAS E APROVEITAMOS A PULPA PARA FACER UNHAS DELICIOSAS GALLETAS DE CABAZA.  AGORA TEMOS QUE ESPERAR...A VER SE TEMOS SORTE E NOS SAEN CABACEIRAS. ESPERAREMOS.

TAMÉN DECORAMOS A CLASE CON MORCEGOS, ESQUELETES, UNHA GRAN TEARAÑA COAS SÚAS MORADORAS DE PEGO...PERO HOXE APARECEU UNHA DE VERDADE...DEBEU GUSTARLLE A NOSA TEA.

POR CERTO, AS GALLETAS ESTABAN MOI BOAS...NON VOS PREOCUPEDES QUE POREI A RECEITA...ESPERO QUE INVITEDES ALGÚN DÍA A GALLETAS....

VISITAMOS O HORTO POR PRIMEIRA VEZ

Hola de novo. Hoxe estivemos facendo os primeiros traballiños do Samaín.
Empezamos por baleirar unha cabaza e recollimos as sementes para sementalas.
Logo fomos ao horto do cole a recoller terra para encher  cada un o seu tarriño.
Mañá sementaremos e faremos..........GALLETAS DE CABAZA.....Xa vos daremos a
receita.

ANTES DE ENTRAR AO HORTO. COS TARRIÑOS BALEIROS



XA  TEMOS OS TARROS CHEOS DE TERRA










Sílabas ma me mi mo mu - El Mono Sílabo - Videos Infantiles - Educación ...

Hola de novo. Xa estamos en 4 anos. Agora que xa sabemos todas as letras e os seus sons, estamos aprendendo a formar as primeiras sílabas e a facer sinxelas palabras. Atopamos estas cancións que lles encantan aos nenos e nenas e, que nos están axudando a comenzar co proceso da lectura. Creo que vos van a encantar. A min parécenme moi bonitas, divertidas e didácticas. Moitos saúdos e bicos para todos. MUA

INDIANA BILL

Levamos un fin de curso moi axetreado. Despois da Canuda,os nenos e nenas de infantil, e as profes, pasamos unha mañá enteira no parque de bolas "Indiana Bill". Pasámolo de maravilla xogando cos compañeiros entre as bolas de cores, os tobogáns, circuitos e hinchables. Merendamos un bocadillo e logo volvimos a xogar un ratiño máis. Marchamos sobre as 13:00. Algúns viñemos durmindo no bus porque foi unha experiencia moi movida, pero inolvidable. VISITA DA CIENTÍFICA DO CSIC on PhotoPeach
Parque da Canuda. Salvaterra on PhotoPeach O pasado xoves amencimos moi ilusionados, pois era a nosa primeira excursión un pouco longa. Fomos ao parque da Canuda, en Salvaterra, á beira do río Miño, enfrente de Portugal. Foi un día moi caluroso, pero cheo de emocións. Observamos algún animais, algúns xa coñecidos porque os vimos na clase, coma o pavo real. Tamén galiñas e galos, pombas, canarios, periquitos e loriños... Tivemos moita sorte cos pavos, porque deberon alegrarse ao vernos e empezaron a extender as súas bonitas e coloridas plumas e a saudarnos cos seus berros e cantos. Quedamos abraiados!!! Tamén percorrimos o circuito de educación vial, eso sí, a pé. Logo xogamos moito tempo no parque. Con tanta actividade e calor, chegamos ao cole moi cansos e con gañas de durmir a sesta. En fin....pasámolo pipa.
Hola de novo.
O martes 10, visitamos a Biblioteca do barrio: "Neira Vilas".
Pasámolo de maravilla no paseo e, cando chegamos recibíronnos moi ben. Vimos as instalacións e todas as estanterías cos contos máis bonitos. Unha rapaza moi amable contounos moitas historias, cada cal máis divertida. Encantounos. Seguro que volveremos. biblioteca Neira Vilas on PhotoPeach
O 28 de maio fomos ao teatro Caixanova a ver a obra: "El gallo de la veleta". Encantounos a historia do galo que era o xefe do galiñeiro e do seu sobriño "o polo Leopoldiño". Saiu do galiñeiro para ver mundo e coñeceu a montaña, o río, o bosque e o mar. Aínda que lle costou moito, aprendeu que cando tentamos facer algo, con esforzo e tenacidade podemos conseguir o que desexemos. Todos quedamos encantados con esta sinxela, pero fermosa interpretación. teatro caixanova on PhotoPeach

15 DE MAIO: DÍA DA FAMILIA



Para o día da Familia, fixemos unhas cestiñas moi bonitas con goma Eva: os nenos-as picaron a parte de abaixo. Logo metimos uns carameliños dentro. Quedaron moi bonitas...e os nenos-as encantados.

A CANCIÓN DOS NÚMEROS

AQUÍ VAI A CANCIÓN DOS NÚMEROS QUE TANTO LLE GUSTA AOS NENOS E NENAS. ESPERO QUE VOS GUSTE

coidamos e vemos crecer sementes

A semana pasada comenzamos co noso cultivo. Con vasos de iogur, que deixamos moi bonitos e decorados con moitas cores, fixemos macetas para as nosas sementes de alpiste. Primeiro enchemos os vasiños con terra e logo colocamos moitos graniños de semente para asegurarnos de que naceran algunhas. Por último regamos ben. Cando voltamos da ponte do primeiro de maio observamos "anonadados" como as prantiñas naceron con moita forza saíndose a terra do testo, como un biscoito que sae do molde. En poucos días creceron moitísimo, pero aínda temos que regalas e coidalas ben. En uns días levarémolas para a casa.

23 de abril. DÍA DO LIBRO COAS MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

Hoxe foi o Día do Libro e, como tal, houbo un acto especial: Os padriños e madriñas lectores viñeron a agasallar aos seus afillados con un conto no patio do cole. Cada un buscou un sitio donde agocharse e disfrutar tranquilamente dun día diferente. O día acompañou con un tímido sol que non deixou baixar á choiva. DIA DO LIBRO: COS PADRIÑOS LECTORES on PhotoPeach

La Canción de las Vocales - A E I O U - Educación Infantil - Pre-escolar...

Las vocales...a, e, i, o, u

Hoxe aprendimos unha nova canción das vogais que nos gustou moito. A primeira xa a coñecíamos. Deixo enlaces para que as coñezades.

VISITA DAS MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

Antes das vacacións de Semana Santa, na hora de merendar, recibimos unha visita sorpresa: viñeron as nosas madriñas e padriños lectores a coñecernos!!!. Axudáronnos coa merenda e fixemos fotos con eles. Foron moi amables e simpáticos. Gracias padriños e madriñas

EU QUIXERA NAMORALA. ASTAROT

Deixo un enlace á páxina musicaq. por se queredes escoitar esta versión de ASTAROT. Espero que vos guste.
http://musicaq.net/descargar_musica/astarot-1.html

SEMANA DA POESÍA

Esta semana celebramos a "Semana da Poesía" e imos coñecer poemas en galego e castelán. Hoxe aprendimos unha titulada "Tu alegría", de Carmen Gil (www.poemitas.com). Tamén escoitamos "Quen poidera namorala" de Manuel Antonio, unha versión cantada do grupo heavy Astarot.
centros.edu.xunta.es/ceipopombal

Empezarei este blog, unha nova experiencia para min, poñendo unha frase que creo que me define e que teño a sorte de poder afirmar: "gústame o que fago, fago o que me gusta".

Neste 2º trimestre do curso estamos a traballar cos nomes dos nenos e nenas. Son de 3 anos e aprenden coma esponxas. Aprendimos a letra inicial de cada neno e nena e aprendimos cousas sobre cada un: a súa cor favorita, a comida preferida, os debuxos animados e o xoguete que lles gustaba máis. Coñecimos a canción de Amaral "Son mis amigos", que lles encantou aos nenos-as. Todo quedou plasmado nun proxecto titulado "Son meus amigos".

Así quedou a portada

ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES