ESTA SEMANA ESTAMOS A CELEBRAR O SAMAÍN, UNHA FESTA DE ORIXEN CELTA QUE ESTÁ VOLVENDO A RESURXIR DENDE HAI VARIOS ANOS...E QUE LLES ENCANTA AOS NENOS-AS. OS CELTAS TIÑAN A CRENZA DE QUE EN TODOS OS SANTOS, PRIMEIRO DÍA DE NOVEMBRO, OS DEFUNTOS VOLVÍAN Á TERRA A VISITAR AOS VIVOS...ASÍ QUE DECIDIRON ASUSTALOS.
AS CABAZAS SON MOI APROVEITABLES PARA ESTAS DATAS, PORQUE, ADEMAIS DE SER UN SÍMBOLO DESTA CELEBRACIÓN, SERVEN PARA FACER UN MONTÓN DE ACTIVIDADES COS NENOS E NENAS. ESTE ANO APROVEITAMOS PARA APRENDER O PROCESO DE CRECEMENTO DA CABACEIRA: BALEIRAMOS UNHA CABAZA, DISFRAZÁMOLA PARA DAR MEDO, QUITÁMOSLLE AS SEMENTES E METÍMOLAS NUNHAS PEQUENAS MACETAS E APROVEITAMOS A PULPA PARA FACER UNHAS DELICIOSAS GALLETAS DE CABAZA. AGORA TEMOS QUE ESPERAR...A VER SE TEMOS SORTE E NOS SAEN CABACEIRAS. ESPERAREMOS.
TAMÉN DECORAMOS A CLASE CON MORCEGOS, ESQUELETES, UNHA GRAN TEARAÑA COAS SÚAS MORADORAS DE PEGO...PERO HOXE APARECEU UNHA DE VERDADE...DEBEU GUSTARLLE A NOSA TEA.
POR CERTO, AS GALLETAS ESTABAN MOI BOAS...NON VOS PREOCUPEDES QUE POREI A RECEITA...ESPERO QUE INVITEDES ALGÚN DÍA A GALLETAS....
Dende logo que invitaremos....grazas polas ideas....
ResponderEliminarA clase estaba moi terrofíiiiifiiiicaaaaa!!!
ResponderEliminar