A semana pasada comenzamos co noso cultivo. Con vasos de iogur, que deixamos moi bonitos e decorados con moitas cores, fixemos macetas para as nosas sementes de alpiste. Primeiro enchemos os vasiños con terra e logo colocamos moitos graniños de semente para asegurarnos de que naceran algunhas. Por último regamos ben.
Cando voltamos da ponte do primeiro de maio observamos "anonadados" como as prantiñas naceron con moita forza saíndose a terra do testo, como un biscoito que sae do molde. En poucos días creceron moitísimo, pero aínda temos que regalas e coidalas ben. En uns días levarémolas para a casa.
Os nenos estan moi emocionados coa sua plantiña, polo menos o meu.
ResponderEliminarMoitas gracias polos vosos comentarios e, sobre todo, polos vosos ánimos. Se hai algunha cousa que poidades suxerirme para mellorar ou que vos interese, será ben recibido.
ResponderEliminarAbrazos para todos.
Por certo, a min tamén me encantou verlles as cariñas cando entraron a clase e se decataron de que as sementes sairan da terra e se convertiron en plantiñas.