Powered By Blogger

Aniversario de Sara. 4 anos





                             CUMPLE DE .....................SARA

O 12 de setembro a nosa amiguiña Sara estivo de aniversario.  Nada màis e nada menos que............ 4 anos.

Celebràmolo no cole o luns coa nosa tarta de nata, fresas e chocolate de mentira. Sara e a súa mamá fixeron para todos unhas galletas de unicornio riquísimas e preciosas e, ainda por riba, confeccionaron unhas máscaras personalizadas, co nome de cada un bordado e todo....Unha marabilla. Moitas gracias e moooooi feliz aniversario. Quedamos todos super contentos.

                                                           




         



      Adicado  a  Sara. Felicidades amiguiña

 

Descubre miles de vectores Premium disponibles en formato AI y EPS

Hola  de  novo. Hoxe é  venres, 11 de setembro de 2020 e.......empezamos  o  cole!!!!!

Hoxe  imos aprender todo  o  que temos que facer  no cole, tamén vale  para outros sitios nos que poidamos estar, para  vencer entre todos  ao  coronavirus  e  estar moi seguros  e  moi sans. Entre todos  podemos facelo xenial, e, ademais  de  coidarnos a nós mesmos, tamén coidaremos dos nosos amigos e amigas, das profes, de mamá e de papá, dos avós e das avoas e,  de  todo o mundo.

Ah, teño  que dicir que eu hoxe, primeiro día de cole, estaba moi nervosa e tiña medo de facer as cousas regular ou non moi ben, pero levei unha  alegría  enorme, pois  todos fixéstelo  de marabilla.....vós si que sodes superherois e uns campións. Estou  suuuuuuuuper  orgullosa  de todos. Merecedes  unha ola.


NORMAS BÁSICAS INICIO DE CURSO

Hola  de  novo, familias. Volvemos  co  blog, aínda  que  espero  non  ter  que  usalo moito, significaría  que  estamos  en  clase,  non  confinados  na  casa. Este  curso,  máis  ca  nunca,  desexo  que  nos  vexamos  máis  a  miúdo  e  que  máis  pronto  que  tarde  poidamos  abrazarnos  de novo  e  volver  á  bendita  rutina antiga.  

Un bico  enorme  para  todos  e  feliz  curso. Vémonos  mañá  na  nosa  clase. 

Déixovos  este  resumo  das  normas  e  materiais  básicos para a  nosa  aula.

            RESUMO  NORMAS  BÁSICAS  

                (4 anos B)

_ MÁSCARAtraerán  máscara  posta  da  casa. Tentaremos  que a leven  posta  o maior  tempo  posible. Segundo  o  protocolo que firmastes o día  da reunión, comprometédesvos a medir  a temperatura  aos  vosos fillos-as tódalas mañás antes  de vir ao cole e, no caso  de  ter febre (37,5 º) ou  síntomas  compatibles coa covid, non  mandalos e  poñervos  en contacto  co  seu pediatra.

_  MOCHILA  PEQUENA (SEN RODAS) 

           CO  SEGUINTE  MATERIAL:


1.   bolsiña de kit covid: 2  bolsiñas  de  máscaras, unha  baleira para  a  máscara que levan posta (para gardala ao comer) e outra con unha  máscara  de reposto. Un,  paquete  de  panos  de papel. Un paquetiño  de  toalliñas húmidas  hixienizantes. Unha  botella pequena de auga (preferible  con tapón tipo “pet”, non  de  rosca). Os pequenos  NON traerán  xel


2.     bolsa  ou tupper  coa  merenda: merendas  aconselladas  coma  no curso pasado. Pouca  cantidade.  Penso  que  a  botella  de  auga  pode ir nesta bolsa  de  merenda.


3.     Axenda-libreta: comprarémola  as  profes  e, cando a teñamos  meterémola  na  mochila con toda a información (merendas  diarias, normas básicas, datos do cole, conta  corrente do curso….)


_  MANDILÓN: virán  co mandilón  posto da casa  e  levarano  a  diario tamén  vestido para  a casa para que sexa debidamente hixienizado.  Recomendo  que teñades  2 mandilóns  e que traian un cada día (por  exemplo: luns o 1, martes o 2, mércores o 1, xoves o 2…..)

MATERIAL  INDIVIDUAL: cada  neno-a  terá  unha  caixiña  que  decorará  e  na  que  gardará todo o  seu material: ceras,  rotuladores, plastilina, material  de  contar, xoguete. Todo  o material e  xogos  serán desinfectados  a diario (haberá  moi poucos  xoguetes e fáciles  de limpar para  que  este proceso sexa o máis eficaz posible)


_  ANIVERSARIOS (CUMPREANOS): non  haberá  tarta  de  cumpreanos. Quen queira  traer algo para  convidar  aos  amigos-as   poderá  traer  unhas  poucas  chuches  en  bolsiñas  individuais (unha  por  neno),  que  lles  meterei  na  mochila.Comprarei  unha  torta  de  “mentira”  para  que  sopren  as  velas  e  faremos  unha coroa, como  ata  agora.


_  As  normas  básicas  de  funcionamento  do  cole  veñen  reflexadas  no  tríptico que  se  vos  entregou  o  día  da  reunión;   lédeas  con  atención  e  cumpride  as  normas  pola  seguridade  de todos-as.  Lembrade  traer cuberto  o  documento coas persoas  autorizadas a  recoller aos  vosos  fillos.


_ Horario a  partir  do luns 14: entraremos  de  9:05  a  9:15 (marxe), pero eu  prefiro  poñer  unha hora  fixa (9:05)  e  sairemos  ás  13:30. Os  que  teñan irmáns  maiores  que saian máis  tarde  quedarán  na  clase  ata  esa hora. 


De  momento non hai  comedor, pero no  caso  de que empezara, os  de  infantil  baixarían  un pouco  antes  das  13:30 para  comer no primeiro turno.


 

 

ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES