Powered By Blogger

Sara e Salomé

 29  de xaneiro de 2021

Seguimos  cos videos dos pequenos conferenciantes. Hoxe é o turno de Sara e Salomé, que tamén o fixeron de marabilla....estou encantada...

Salomé


                                             

                                     Sara


                                           


                             O luns  continuaremos con máis. 

Día da Paz

Ola de novo. 

Hoxe é venres, 29 de xaneiro de 2021. 
Mañá, 30  de xaneiro, é o Día da Paz e a non violencia, por íso, durante esta semana estivemos a facer cousiñas relacionadas coa Paz, pero a nivel de clase polo tema da Covid. Falamos da Paz, de levarnos ben e de non pelexar, pero, sobre todo de esperanza no futuro. Escoitamos unha canción moi bonita de Diego Torres, "color esperanza", que xa ten varios anos, pero que neste momento ven que "nin pintada" coa incertidume que estamos a vivir por culpa deste maldito virus. Déixovos aquí o enlace da canción:



 Fixemos algunhas manualidades: uns banderíns de cores coa man de cada neno-a estampada en branco e escribimos un lema 
"Eu son de Paz" e que colgamos nas ventás da nosa clase. Tamén fixemos unhas pombiñas branquiñas con pratos de cartón e blondas... quedaron chulísimas e cada neno-a levounos para a casa.











                       Feliz  fin de semana e feliz Día da Paz. 

Ah!!!!... non olvidedes  votar  polas portas gañadoras do concurso da biblioteca. A ver se conseguimos algún premio.













 









Emma e Thaila

Ola de novo. 

Hoxe é mércores, 27 de xaneiro de 2021.

Comenzamos esta semana coas exposicións dos nosos pequenos conferenciantes. Quero que saibades que o están a facer de marabilla e vós, mamis e papis tamén. Estou abraiada coas vosas artistadas e  coa vosa implicación. 

Comenzamos con...... Emma e Thaila


                                 EMMA



                              
                               THAILA





Mañá  outros dous conferenciantes.






PROXECTO DINOSAURIOS: CONTAMOS DINOS COA RULETA

 Boa  tarde:

hoxe é venres, 22 de xaneiro de 2021.

Esta semana estreamos a Ruleta xigante, un novo material que incorporamos e que pode servirnos para milleiros de actividades. E, que mellor maneira de facelo que contando dinosaurios. Na ruleta pegamos os números do 1 ao 5 e repartimos  5 dinosaurios para cada neno-a. A encargada dese día foi Catrina, polo que éla foi a encargada da estrea. Logo, de un en un fomos xirando a ruleta e contamos a cantidade de dinos según os números que ían saíndo. Nomeamos todos en alto cada número e logo contamos os dinos correspondentes. Foi unha actividade divertida que repetimos tamén con tapóns de diferentes cores. Tamén usamos a diario a ruleta para elixir a cor coa que pintaremos a ficha diaria do proxecto dinos. Neste caso, o encargado de xirar a ruleta é o encargado-a de cada día. Aquí vai a nosa Ruleta no día da estrea.





























 
Pois, esto é todo por hoxe. A semana que ven....máis cousiñas. Un bicazo



PROXECTO DINOSAURIOS: "EXCAVACIÓN DINO"

 Moi boas tardes, golfiños e golfiñas. 

               Hoxe é xoves, 21 de xaneiro do ano 2021

                      "Día  Mundial do abrazo"

pero nós  imos falar de dinos, agora mesmo, o noso tema favorito...

Teño que dicir que estou abrumada cos vosos traballiños sobre os dinosaurios....son todos unha chulada....estou super orgullosa de vós e das vosas familias. 

Estes días cada neno-a estanos a explicar aos demais o proxecto que fixeron nas súas casas. Hoxe só porei algunhas fotos e, nas próximas entradas irei poñendo os videos das súas pequenas "conferencias". Os resultados son incribles. 

E agora, as fotos que enviastes da casa....









                                         



"EXCAVACIÓN  DINO"

O pasado martes fomos arqueólogos por un día, na nosa propia excavación arqueolóxica. Había moitos ósos enterrados no areeiro: fémures, tibias, colmillos e dentes, cráneos, costelas e vértebras...Para o noso traballo empregamos algunhas ferramentas (culleres e pincéis, unha tina, un casco) xa que cos dedos non se poden buscar restos fósiles...foi incrible ver as cariñas de emoción cando atopaban algo enterrado.

Outro día, cando mellore o tempo, volveremos a buscar máis restos, pois non deu tempo a máis e os nenos-as están desexando repetir, sobre todo os que non puideron atopar ningún óso.


As palabras que estamos a aprender son:

ARQUEÓLOGO-A

ESQUELETE

ÓSOS 

FÓSIL

Así montamos a nosa 
"Excavación Dino"



                                           






















E xa para rematar por hoxe, quero que lembremos a Nayat, que, aínda que agora non está no noso cole, acórdase moito de nós e mandou unha foto saudando no seu primeiro día no novo cole. Nós tamén nos lembramos moito de ti. Un bico para Nayat e a súa familia. Moita sorte no novo cole



Unha  aperta  virtual enorme para todos e todas no día mundial das apertas.





ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES