PROXECTO DINOSAURIOS: "EXCAVACIÓN DINO"

 Moi boas tardes, golfiños e golfiñas. 

               Hoxe é xoves, 21 de xaneiro do ano 2021

                      "Día  Mundial do abrazo"

pero nós  imos falar de dinos, agora mesmo, o noso tema favorito...

Teño que dicir que estou abrumada cos vosos traballiños sobre os dinosaurios....son todos unha chulada....estou super orgullosa de vós e das vosas familias. 

Estes días cada neno-a estanos a explicar aos demais o proxecto que fixeron nas súas casas. Hoxe só porei algunhas fotos e, nas próximas entradas irei poñendo os videos das súas pequenas "conferencias". Os resultados son incribles. 

E agora, as fotos que enviastes da casa....









                                         



"EXCAVACIÓN  DINO"

O pasado martes fomos arqueólogos por un día, na nosa propia excavación arqueolóxica. Había moitos ósos enterrados no areeiro: fémures, tibias, colmillos e dentes, cráneos, costelas e vértebras...Para o noso traballo empregamos algunhas ferramentas (culleres e pincéis, unha tina, un casco) xa que cos dedos non se poden buscar restos fósiles...foi incrible ver as cariñas de emoción cando atopaban algo enterrado.

Outro día, cando mellore o tempo, volveremos a buscar máis restos, pois non deu tempo a máis e os nenos-as están desexando repetir, sobre todo os que non puideron atopar ningún óso.


As palabras que estamos a aprender son:

ARQUEÓLOGO-A

ESQUELETE

ÓSOS 

FÓSIL

Así montamos a nosa 
"Excavación Dino"



                                           






















E xa para rematar por hoxe, quero que lembremos a Nayat, que, aínda que agora non está no noso cole, acórdase moito de nós e mandou unha foto saudando no seu primeiro día no novo cole. Nós tamén nos lembramos moito de ti. Un bico para Nayat e a súa familia. Moita sorte no novo cole



Unha  aperta  virtual enorme para todos e todas no día mundial das apertas.





Comentarios