Powered By Blogger

PROXECTO DINOSAURIOS: CONTAMOS DINOS COA RULETA

 Boa  tarde:

hoxe é venres, 22 de xaneiro de 2021.

Esta semana estreamos a Ruleta xigante, un novo material que incorporamos e que pode servirnos para milleiros de actividades. E, que mellor maneira de facelo que contando dinosaurios. Na ruleta pegamos os números do 1 ao 5 e repartimos  5 dinosaurios para cada neno-a. A encargada dese día foi Catrina, polo que éla foi a encargada da estrea. Logo, de un en un fomos xirando a ruleta e contamos a cantidade de dinos según os números que ían saíndo. Nomeamos todos en alto cada número e logo contamos os dinos correspondentes. Foi unha actividade divertida que repetimos tamén con tapóns de diferentes cores. Tamén usamos a diario a ruleta para elixir a cor coa que pintaremos a ficha diaria do proxecto dinos. Neste caso, o encargado de xirar a ruleta é o encargado-a de cada día. Aquí vai a nosa Ruleta no día da estrea.





























 
Pois, esto é todo por hoxe. A semana que ven....máis cousiñas. Un bicazo



No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES