Powered By Blogger

ANIVERSARIO DE DAMIÁN....6 ANOS


Sábado, 26 de marzo de 2022

Hoxe tócalle o turno ao "cumpleañeiro" Damián, que xa ten....6 anos!!

Damián invitounos a chuches e fixo unha coroa moi bonita de cor azul, parecía o "príncipe de Beukelaer".

Moitas felicidades, Damián. 😃










E agora o teu agasallo, "cumpleaños feliz flamenco" de Makaú....a ver se che gusta.

VISITOUNOS O PIRATA JACK SPARROW!!!!

Xoves, 17 de marzo de 2022

Onte recibimos unha inesperada visita....

Apareceu un pirata xenial pola nosa clase, nada máis e nada menos que Jack Sparrow, que atracou o seu barco no porto de Vigo e decidiu visitarnos. Polo que nos contou, chegáronlle rumores de que os golfiños somos expertos en atopar tesouros, así que non dubidou en pedirnos axuda para buscar o seu tesouro. Tamén parece que coñecía a Rarapata e a Caramoco e, polo visto lévase moi ben cos dous...ata é amigo de Caramoco.

Quedou abraiado por todas as cousas que sabiamos sobre piratas e barcos piratas, así que nos propuxo  enrolarnos no seu barco como tripulación "experta". Xuramos cumprir as ordes do capitán e o código dos piratas: escoitar aos demais cando falan e non berrar, non pelexar cos compañeiros e compañeiras piratas, repartir os botíns a partes iguais e, moi importante: nunca, nunca, pegar aos máis pequenos. Para que quedara constancia de que somos parte da súa tripulación, marcou as nosas mans co selo do seu barco, "a perla negra".

Estaba un pouco despistado, primeiro dixo que se chamaba "Jack Espárrago"!!!! e logo chamou a Felipe...Benito...Este Sparrow é a monda!!!

Preguntámoslle se é un pirata malo e díxonos que é un pirata moi  traveso e mostrounos as "pegatinas" (tatuaxes) que levan os piratas.

Tamén aprendimos a manexar unha brúxula, moi necesria nas súas viaxes polos mares e oceanos, e así atopamos o cofre do tesouro que nos regalou Jack.

En fín, levamos unha estupenda sorpresa e, aínda por riba, unha morea de xoias e pedras preciosas e "unha moeda de chocolate" para cada un de nós.

Que sorte temos os golfiños!!!!





Dixo que lle gustou moito visitarnos, pero que tiña que marchar, pois os seus amigos piratas estaban agardando por el no porto e tiñan que partir para vivir novas aventuras....
Moitas grazas, pirata Jack...cando queiras podes voltar para que vivamos contigo novas aventuras...eres un "crack".

Aquí van algunhas fotos...

CHEGADA SORPRESA...


























E agora  2  bonitos videos de cousas que fixemos con Jack.

Neste video, estamos a enrolarnos no seu barco, temos que dicir "arrrr" e logo "sí, capitán"....


Aquí aprendemos a manexar a brúxula coas letras N, S, E e O: Norte, Sur, Este e Oeste. Logo buscamos o cofre do tesouro seguindo a guía da brúxula. Tamén nos preguntamos se de verdade existen os piratas..... temos unha contradición que nos fará pensar e surxirán moitas preguntas e curiosidade.






Ah, mostramos ao noso amigo pirata o video que estamos a ver estes días de "la canción del pirata", de José de Espronceda, poeta do Romanticismo español, publicada no ano 1835, época de apoxeo dos piratas. Encantoulle tanto como a nós. 
Xa sabemos ben o estribillo, e podemos aprendela mellor na casa, así na "semana da poesía" faremos un podcast na radio da biblioteca...que pasada!!!

RAP  "LA CANCIÓN DEL PIRATA", DE ACADEMIA PLAY


Xa para rematar, mandamos un bico enorme e unha forte aperta á profe Neli, que quería vivir esta aventura con nós, pero está maliña. E, como non, a Marisa, que fixo unha reportaxe fotográfica digna dunha experta profesional.

Pois ata aquí a nosa nova aventura pirata.....

ANIVERSARIO DE MARÍA....6 ANOS

Mércores, 16 de marzo de 2022

Onte martes, celebramos o 6º aniversario de María.

Fixo unha bonita coroa e invitounos a unha bolsiña de chuches.

Moitas felicidades María.












E aggora o teu agasallo...a ver se che gusta


8 DE MARZO: DÍA DAS MULLERES

Xoves, 10 de marzo de 2022

O martes, 8 de marzo celebramos o día internacional das mulleres e falamos na clase sobre este importante tema: 
por que se celebra o día da muller e non o do home?, preguntámonos.....
Pois porque a vida das mulleres ao longo da historia sempre 
foi máis difícil, foron máis discriminadas e foron consideradas máis débiles e menos listas. Por sorte, na actualidade, somos consideradas iguais, pero aínda quedan resquicios do pasado que hai que borrar para chegar a unha igualdade real... e todo empeza na educación e nas vivencias dos máis pequenos: 
"non se trata de ser todos iguais, 
senón de aprender a respectar as diferenzas"

Para entendelo e concenciarnos, discutimos e debatimos que cousas podemos facer os homes e as mulleres e concluímos que todos podemos facer de todo. 
Tamén abrín outro debate: preguntei ás nenas se lles gustaría ter nacido nenos e a maioría dixeron que non. O mesmo pasou cos nenos.
Tamén falamos de como era antes no noso país a vida das mulleres e vimos videos e imaxes de mulleres afganas cos seus burkas e quedaron moi sorprendidos polo que pasaba neses países e culturas. Pareceulles moi inxusto!!!
Despois de falar sobre o tema, fixemos uns bonitos bandeiríns para conmemorar este día. 


 




















MURAL   DO  COLE
 

O NOSO BARCO PIRATA

Xoves, 3 de marzo de 2022

Hoxe toca mostrarvos o proceso e o resultado do enorme barco pirata que fixemos na clase para o proxecto "mundo pirata" que estamos a desenvolver este segundo trimestre. Encantounos facelo. 

A partir dunha estructura feita de cartón fomos poñendo detalliños: anaquiños de madeira de cestiñas de froita cubrindo toda a superficie, escaleiriñas de cartón, ollos de boi con círculos da cartón, salvavidas de pasta de modelar e cordel...logo pintámolo de marrón e montamos os paus (varas de cana de bambú) e as velas con anacos de teas. Este é un video do proceso.


Aprendimos moitas partes dos barcos: o casco, as velas, os paus, o timón, a cofa, a proa e a popa, bandeira, botes salvavidas, mascarón de proa, ancla...

Tamén aprendimos algúns dos postos ou traballos que ocupaban os piratas nun barco: capitán, contramestre, oficial de derrota, médico, carpinteiro, cociñeiro, músico, mariñeiros, armeiros, timonel, vixía...

E, cada un no seu posto: 

a vixía Emma, a timonel Nayeli, a música Nora, a cociñeira Uxía, a médico Thaila, a artilleira Miriam (canón), o oficial de derrota Damián (brúxula, mapas, cartas de navegación), a contramestre María, a carpinteira Catrina (a Mcguiver do barco), a limpacubertas Sara coa súa mascota o loro, e os piratas-mariñeiros Alicia,Enzo, Ángel, Felipe, Ana e Valeris como espadachines, Bruno co trabuco e, como capitana do barco, a profe (pata de pau). E, como mascota, o noso moniño Mopita.
















E, xa para rematar esta entrada, quero mostrarvos tamén as novas ventás da nosa clase...con persianas e sen reixas. 
Quedaron chulísimas!!!!







Ata a próxima entrada.




















ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES