Xoves, 17 de marzo de 2022
Onte recibimos unha inesperada visita....
Apareceu un pirata xenial pola nosa clase, nada máis e nada menos que Jack Sparrow, que atracou o seu barco no porto de Vigo e decidiu visitarnos. Polo que nos contou, chegáronlle rumores de que os golfiños somos expertos en atopar tesouros, así que non dubidou en pedirnos axuda para buscar o seu tesouro. Tamén parece que coñecía a Rarapata e a Caramoco e, polo visto lévase moi ben cos dous...ata é amigo de Caramoco.
Quedou abraiado por todas as cousas que sabiamos sobre piratas e barcos piratas, así que nos propuxo enrolarnos no seu barco como tripulación "experta". Xuramos cumprir as ordes do capitán e o código dos piratas: escoitar aos demais cando falan e non berrar, non pelexar cos compañeiros e compañeiras piratas, repartir os botíns a partes iguais e, moi importante: nunca, nunca, pegar aos máis pequenos. Para que quedara constancia de que somos parte da súa tripulación, marcou as nosas mans co selo do seu barco, "a perla negra".
Estaba un pouco despistado, primeiro dixo que se chamaba "Jack Espárrago"!!!! e logo chamou a Felipe...Benito...Este Sparrow é a monda!!!
Preguntámoslle se é un pirata malo e díxonos que é un pirata moi traveso e mostrounos as "pegatinas" (tatuaxes) que levan os piratas.
Tamén aprendimos a manexar unha brúxula, moi necesria nas súas viaxes polos mares e oceanos, e así atopamos o cofre do tesouro que nos regalou Jack.
En fín, levamos unha estupenda sorpresa e, aínda por riba, unha morea de xoias e pedras preciosas e "unha moeda de chocolate" para cada un de nós.
Que sorte temos os golfiños!!!!
E agora 2 bonitos videos de cousas que fixemos con Jack.
Neste video, estamos a enrolarnos no seu barco, temos que dicir "arrrr" e logo "sí, capitán"....
Aquí aprendemos a manexar a brúxula coas letras N, S, E e O: Norte, Sur, Este e Oeste. Logo buscamos o cofre do tesouro seguindo a guía da brúxula. Tamén nos preguntamos se de verdade existen os piratas..... temos unha contradición que nos fará pensar e surxirán moitas preguntas e curiosidade.
Ah, mostramos ao noso amigo pirata o video que estamos a ver estes días de "la canción del pirata", de José de Espronceda, poeta do Romanticismo español, publicada no ano 1835, época de apoxeo dos piratas. Encantoulle tanto como a nós.
RAP "LA CANCIÓN DEL PIRATA", DE ACADEMIA PLAY
Xa para rematar, mandamos un bico enorme e unha forte aperta á profe Neli, que quería vivir esta aventura con nós, pero está maliña. E, como non, a Marisa, que fixo unha reportaxe fotográfica digna dunha experta profesional.
Pois ata aquí a nosa nova aventura pirata.....
Uauu gracias por esas fotos!! que suerte haber conocido a Jack Sparrow
ResponderEliminar