Xoves, 10 de marzo de 2022
O martes, 8 de marzo celebramos o día internacional das mulleres e falamos na clase sobre este importante tema:
por que se celebra o día da muller e non o do home?, preguntámonos.....
Pois porque a vida das mulleres ao longo da historia sempre
foi máis difícil, foron máis discriminadas e foron consideradas máis débiles e menos listas. Por sorte, na actualidade, somos consideradas iguais, pero aínda quedan resquicios do pasado que hai que borrar para chegar a unha igualdade real... e todo empeza na educación e nas vivencias dos máis pequenos:
"non se trata de ser todos iguais,
senón de aprender a respectar as diferenzas"
Para entendelo e concenciarnos, discutimos e debatimos que cousas podemos facer os homes e as mulleres e concluímos que todos podemos facer de todo.
Tamén abrín outro debate: preguntei ás nenas se lles gustaría ter nacido nenos e a maioría dixeron que non. O mesmo pasou cos nenos.
Tamén falamos de como era antes no noso país a vida das mulleres e vimos videos e imaxes de mulleres afganas cos seus burkas e quedaron moi sorprendidos polo que pasaba neses países e culturas. Pareceulles moi inxusto!!!
Despois de falar sobre o tema, fixemos uns bonitos bandeiríns para conmemorar este día.
Comentarios
Publicar un comentario