Powered By Blogger

Festa 70 aniversario

FESTA DO 70 ANIVERSARIO DO NOSO COLE

Xogos do Magosto 19

          XOGOS DO MAGOSTO 2019

Como xa é habitual, polo Magosto, ademáis de saborear as ricas castañas e facer un bolsiño castañeiro moi chulo, facemos xogos todos os nenos, nenas e profes de infantil. Así que mans á obra, xuntámonos e fomos pasando por grupos de 4º, 5º e 6º de infantil por cada un dos xogos planificados. Xogamos en 6 obradoiros diferentes: tragacastañas, castaña na culler, a castaña quente, encesta a castaña, os porquiños e atopa as castañas. Foi un día mooooi axetreado, pero pagou a pena...pasámolo xenial.




Magosto 19


                                           MAGOSTO  2019







ANIVERSARIO   DE ............................   ALICIA
















Cabazas e vampiros

Galletas Samaín



Xa chegou o Samaín, unha celebración de orixen Celta e celebrada de distintos xeitos e con diferentes nomes en toda Galicia.
Nós decoramos unha cabaza de vampiro e tamén nos disfrazamos de vampiros. Non puidemos facer o noso paseo pola rúa do Calvario porque chovía moito, pero paseamos polo cole lucindo os nosos disfraces.
Tamén fixemos unhas ricas galletas de pantasma. Fixémolas con fariña, ovos, mel e manteiga. Riquíiiiisimas
Encántannos todas estas cousas e disfrutamos sempre moito.

O noso primeiro traballo xuntos

Benvidos e benvidas á nosa clase, a aula dos Golfiños.
Empezamos de novo con moita ilusión e con caras novas.
Preséntovos a Emma, Damián, Nora, Alicia, Catrina, Miriam, Nayat, Uxía, Jose, Sara, María, Ángel, Ana María e Bruno.
Espero de todo corazón que a nosa convivencia e experiencia xuntos sexa maravillosa e inesquecible para todos.
Bo Curso


Os Maios

OS MAIOS Durante uns días do mes de maio, os nenos e nenas de todo o cole elaboramos un bonito maio que expuxemos no noso cole. Unha mañá viñeron os nosos amigos e amigas de 1º do IES Castelao para ver a nosa obra e a cantarnos unha copla.

VISITAMOS O ZOOLÓXICO



      ZOOLÓXICO  DE  VIGO


Padriños lectores

PADRIÑOS LECTORES
Este venres chegou o tan desexado día, o dos "Padriños Lectores", que nos encanta a todos.
Aquí van fotos e videos deste día.

Pascua

PASCUA
Durante a semana anterior á Pascua buscamos os ovos escondidos no areeiro e tamén fixemos roscón:
quedou rico, rico.


Pascua

Xogando ás chapas

HOXE APRENDIMOS A XOGAR ÁS CHAPAS NO PATIO DO COLE E DEBUXAMOS CIRCUITOS CON TIZAS DE CORES.

Neira Vilas

VISITAMOS A BIBLIOTECA NEIRA VILAS

LOS INSECTOS | Vídeos Educativos para Niños

VIDEO SOBRE OS INSECTOS DE HAPPY LEARNING
para ver máis ir a: "Xogos e cancións"

Carnaval CEIP Pombal Bego

ENTROIDO 2019 Móstrovos este video do Entroido, grabado e editado por Diego Villar, papá de Nico. Moitas gracias Diego polo teu traballo e colaboración. Así da gusto traballar. 

Entroido 2019

ENTROIDO 2019 Por fin, xa rematamos os nosos disfraces de xoaniña, xa comimos lambonadas de Entroido e xa desfilamos polo Calvario....todo un acontecemento para o cole, para as familias e para o Barrio do Calvario.

Museo do Mar



Hoxe, 28 de febreiro, visitamos o Museo do Mar de Vigo.Pareceunos unha bonita forma de aprender moitas cousas novas sobre a vida de algúns animais mariños e a influencia negativa das persoas no medio mariño. Falamos de a invasión dos plásticos e a súa incidencia negativa sobre os animais que viven nese mar cheo de lixo xenerado por nós. Cunhas canas pescamos residuos: latas de aluminio, briks de leite, bolsas e tapas de plástico....logo enchemos o contenedor amarelo. Tamén aprendimos que nos acuarios non podemos sacar fotos con flash, xa que os peixes non poden pechar os ollos, non teñen párpados, e coa luz forte podemos dañalos ou deixalos cegos. A lección do día foi: será moi difícil limpar ben os mares de lixos plásticos, tan dañinos para os animais, que ademáis nos serven de alimento. Pero está nas nosas mans contribuir a que vaian desaparecendo pouco a pouco se comezamos a empregar outro tipo de materiais a diario: botellas reutilizables, bolsas de tea..non usar pratos, cubertos..de plástico..en fin, aprender a coidar mellor do noso planeta, porque nós somos parte de el e dependemos un do outro.
Xa empezamos esta semana a respirar o ambiente do Entroido que tanto gusta aos nenos e nenas, e que tanto traballo da ás profes.
Comenzamos a semana coas ordes do Meco: o primeiro día algo feito con material de refugallo, outro día unhas gafas, outro algo na cabeza, e, o último día un peixe.

Mañá, 1 de marzo. gran desfile polo Paseo do Calvario, disfrazados de.......uns bichiños moi bonitos que son os soldados que vixían e coidan do nosos hortos e din por ahí que dan moita sorte. ?????





Para celebrar o día da Paz (30 de xaneiro) fixemos unha bonita carreira solidaria: corrimos por todolos nenos e nenas do mundo que o están a pasar mal. 
Colaboramos coa O.N.G: SAVE THE CHILDREN






A Paz. Xuntamos corazóns partidos







Mural da paz: meus amigos

                          MURAL DO DÍA DA PAZ: CALIGRAMA COAS PALABRAS

                                    MEUS AMIGOS





Tanxarina teatro: A galiña azul

festival nadal

FESTIVAL DE NADAL: "O GORDO DA LOTERIA"


Aquí vos deixo o video do Festival de Nadal 2018....unha historia moi graciosa e divertida do que facemos no Nadal.



celebramos o Nadal

Que ansiosos estamos de que chegue o Nadal. Esperamos aos Reis Magos e a Papá Noel, ensaiamos para o noso festival, levaremos a casa os nosos traballiños e moitas cousas máis.

Recibimos inesperadamente a visita dos paxes reais, que nos deron unha gran sorpresa e nos fixeron moi felices por un ratiño.












Aquí amosamos fotos duns agasalliños que nos trouxeron para a nosa clase. Que emoción!!!













Fixemos unhas bonitas bolsas de papel para gardar os nosos traballos, quedaron moi chulas.













E... unha das cousas que máis nos gustan son as merendolas, sobre todo esta chea de cousas ricas: turrón, polvoróns e dóces de Nadal.












BO   NADAL





























ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES