Xa chegou o Samaín, unha celebración de orixen Celta e celebrada de distintos xeitos e con diferentes nomes en toda Galicia.
Nós decoramos unha cabaza de vampiro e tamén nos disfrazamos de vampiros. Non puidemos facer o noso paseo pola rúa do Calvario porque chovía moito, pero paseamos polo cole lucindo os nosos disfraces.
Tamén fixemos unhas ricas galletas de pantasma. Fixémolas con fariña, ovos, mel e manteiga. Riquíiiiisimas
Encántannos todas estas cousas e disfrutamos sempre moito.
Comentarios
Publicar un comentario