Hoxe, 28 de febreiro, visitamos o Museo do Mar de Vigo.Pareceunos unha bonita forma de aprender moitas cousas novas sobre a vida de algúns animais mariños e a influencia negativa das persoas no medio mariño. Falamos de a invasión dos plásticos e a súa incidencia negativa sobre os animais que viven nese mar cheo de lixo xenerado por nós. Cunhas canas pescamos residuos: latas de aluminio, briks de leite, bolsas e tapas de plástico....logo enchemos o contenedor amarelo. Tamén aprendimos que nos acuarios non podemos sacar fotos con flash, xa que os peixes non poden pechar os ollos, non teñen párpados, e coa luz forte podemos dañalos ou deixalos cegos. A lección do día foi: será moi difícil limpar ben os mares de lixos plásticos, tan dañinos para os animais, que ademáis nos serven de alimento. Pero está nas nosas mans contribuir a que vaian desaparecendo pouco a pouco se comezamos a empregar outro tipo de materiais a diario: botellas reutilizables, bolsas de tea..non usar pratos, cubertos..de plástico..en fin, aprender a coidar mellor do noso planeta, porque nós somos parte de el e dependemos un do outro.

Comentarios
Publicar un comentario