Powered By Blogger
CONTACONTOS: "YO SOY EL MAYOR" con Raquel Queizás
Cociñeiros por un día: mazapáns de Nadal Antes das vacacións de Nadal fixemos unha receita típica desta data, os mazapáns, que son moi fáciles de elaborar, só levan améndoa moída, azúcre, un pouco de auga e ovo para que brillen. Encantounos a experiencia, pasámolo xenial e, encima estaban riquísimos.
SAÍDA AO MUSEO MARCO A nosa primeira excursión do cole foi en decembro, ao Museo de Arte Contemporáneo (MARCO). Fomos en autobús todos xuntos por primeira vez e pasámolo xenial. Había cousas chulísimas. O que máis chamou a nosa atención foi unha obra de arte no chan que parecía unha alfombra azul, pero era de cristais pequeniños. Ademais de contemplar as obras de arte, tamén participamos nun obradoiro para facer a nosa obra de arte particular con cartón e papeis de seda.

ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES