SAÍDA AO MUSEO MARCO
A nosa primeira excursión do cole foi en decembro, ao Museo de Arte Contemporáneo (MARCO). Fomos en autobús todos xuntos por primeira vez e pasámolo xenial. Había cousas chulísimas. O que máis chamou a nosa atención foi unha obra de arte no chan que parecía unha alfombra azul, pero era de cristais pequeniños. Ademais de contemplar as obras de arte, tamén participamos nun obradoiro para facer a nosa obra de arte particular con cartón e papeis de seda.
Comentarios
Publicar un comentario