Powered By Blogger

Arrincamos...vento en popa a toda vela!!!

Martes, 21 de setembro de 2021.

Xa empezamos de novo a poñer todas as cousiñas que imos facendo no cole.

Como xa saberedes polos peques imos aprender unha morea de cousas sobre os piratas, que será o noso monotema durante toooooooodo o curso. Primeiro aprenderemos sobre "o corpo dos piratas" que, por suposto, é igual co noso, no segundo trimestre navegaremos con eles polos mares e oceanos e coñeceremos algo máis dos seus habitantes, os animáis mariños. E para rematar, no terceiro trimestre "os piratas viaxan a Compostela".

Zarpamos xa no noso barco pirata, con 16 tripulantes a bordo, 

vento en popa a toda vela!!!  RRRRRR

Este vai ser o noso xuramento pirata. Asinarémolo co noso nome e coa nosa pegada dixital, para lembralo por sempre xamáis.



Esta será a nosa asamblea, co noso barco pirata e a nosa illa do tesouro: "a illa dos mocos"


Eiquí tedes 2 valentes piratas, vestidos para a ocasión.

           

Estes son todos os piratas da nosa tripulación...








Comezamos a nosa viaxe......coñecemos un pouco máis o noso corpo. Comezamos polas mans e os pés.

A semana pasada empezamos a observar e experimentar como é o noso corpo: a cara, as mans e os pés.

Así que estampamos o pé dereito e a man dereita. Foi xenial experimentar a sensibilidade que temos nestas partes do corpo, e moitos non puideron evitar rir a gargalladas.






Vémonos  na seguinte viaxe!!!



NOVO CURSO E 5º ANIVERSARIO DE SARA

 Luns, 20 de setembro de 2021

Xa  estamos de volta...un novo curso, 5 anos. Como pasa o tempo para os que xa temos unha idade, verdade?

Pois este curso empezamos con algo alegre e bonito, o aniversario de Sara, a primeira cumpreaneira, que xa ten 5 anos  dende o 12 de setembro, pero que celebramos xuntos no cole o luns 13. Sara empaquetou, xunto coa súa mamá, uns paquetiños de chuches preciosos para agasallar aos compis e ás compis.


Moitas felicidades, Sara!!!






ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES