Xa empezamos de novo a poñer todas as cousiñas que imos facendo no cole.
Como xa saberedes polos peques imos aprender unha morea de cousas sobre os piratas, que será o noso monotema durante toooooooodo o curso. Primeiro aprenderemos sobre "o corpo dos piratas" que, por suposto, é igual co noso, no segundo trimestre navegaremos con eles polos mares e oceanos e coñeceremos algo máis dos seus habitantes, os animáis mariños. E para rematar, no terceiro trimestre "os piratas viaxan a Compostela".
Zarpamos xa no noso barco pirata, con 16 tripulantes a bordo,
vento en popa a toda vela!!! RRRRRR
Este vai ser o noso xuramento pirata. Asinarémolo co noso nome e coa nosa pegada dixital, para lembralo por sempre xamáis.
Comezamos a nosa viaxe......coñecemos un pouco máis o noso corpo. Comezamos polas mans e os pés.
A semana pasada empezamos a observar e experimentar como é o noso corpo: a cara, as mans e os pés.
Así que estampamos o pé dereito e a man dereita. Foi xenial experimentar a sensibilidade que temos nestas partes do corpo, e moitos non puideron evitar rir a gargalladas.
JAJAJAAJAJAJAAAAAA!!!! a seguir aprendendo asi !!! bicos
ResponderEliminarQue grandes están estos golfiños!!!!!! Buen inicio de curso.....que disfrutéis un montón de este nuevo ciclo que comienza. Nayat os manda muchos bicos,os echa mucho de menos!
ResponderEliminar