Powered By Blogger

pelifichas samain

Neste video mostramos unhas rimas cos nomes dos nenos-as e con todo tipo de monstros do Samaín. Esperamos que vos encanten..

MAGOSTO 2018



Por fin o esperado video do Magosto. Disfrutamos cos xogos para todo infantil: os porquiños, o tragacastañas, a cuchara-castaña, o vaso-castaña, meter os aros, as castañas escondidas..e, coñecimos ao señor e á señora castañeira co seu tren para asar as castañas. E, por fin, degustamos todos xuntos as riquísimas castañas asadas.


Minusculo 1 La mariquita burlona

Gustáronnos moito estes videos sobre unha xoaniña moi gamberra que se burla de outros bichos.
Compartímolos convosco para que riades un rato en familia. Hai moitos maís. Espero que vos gusten.

samain18

Samaín no cole O Pombal


SAIDA TERRORIFICA POLO PASEO DO CALVARIO
O mércores 31 de outubro saímos polo paseo disfrazados de bruxas e levamos as nosas cabazas para ser expostas no Mercado. Nos fixemos unha de
Xoaniña, o nome da nosa aula: "A Xoaniña Vampira". Pasámolo xenial, aínda que case nos pilla a choiva.
Por xentileza do papá de Nico, comparto con vos este video tan chulo.
Gracias Diego
Pinchade no enlace


https://youtu.be/sqe1gE_ulck
NO ÚLTIMO PROXECTO DESTE TRIMESTRE  TRABALLAMOS E APRENDIMOS MOITAS COUSAS SOBRE O MAR, OS MARIÑEIROS, OS BARCOS PESQUEIROS E ALGÚNS ANIMAIS MARIÑOS,  FIXEMOS UN BARCO MOI CHULO E UN GRAN MURAL NO PATIO DO AREEIRO.





Ç


traballamos na praia

Este venres pola  tarde, aproveitando un bonito día de sol, organizamos unha saída á praia.
Esta actividade foi pensada para concienciar aos nenos e nenas da importancia do cuidado do medio ambiente  e  dos animais que viven neste medio. Durante os días previos, coñecimos algúns animais mariños e aprendimos cousas sobre eles e algunhas curiosidades que nos chamaron a atención. Aprendimos cousas sobre os cabaliños de mar, as medusas, as estrelas de mar, as nécoras, e algúns moluscos como as lapas, mexilóns, ameixas, etc. 
Nesta saída, na que tamén viñeron papás, mamás, avoas e avós, irmáns pequenos e maiores, tíos e tías...recollimos cunchas e tamén limpamos a praia. Todo o material recollido será empregado para facer un mural no exterior do noso cole. Xa veredes que bonito nos vai quedar.
Foi unha bonita experiencia e, sobre todo unha fermosa xornada de convivencia.
Gracias a todos por participar e colaborar sempre.

                         DE NOVO NO HORTO



                                 Proxecto de traballo: 

              "VIGO. QUE  MARABILLA"
 Durante  o  primeiro  trimestre  fixemos  un bonito  proxecto de traballo no que  aprendimos  algunhas  cousas  sobre  a nosa  cidade, Vigo.  Comenzamos  buscando e  elixindo  a estatua  ou  monumento que  máis  nos  gustaba  a cada  un. Con papá  e  mamá  visitamos  ese monumento e  fixemos  unha  bonita  foto nel. Logo  buscamos  algunha  información sobre  o noso elixido: como se  chama, donde  está situado, quen  o  fixo,  de que material está feito, en  que  data  foi  creado e  que  representa.  Logo,  xa na  clase  vimos  tódalas  fotos e  cada  un  explicounos  o que  aprendeu  do seu monumento, buscamos  máis  información  por internet e logo  elaboramos  as  fichas sobre cada un. Qauedounos  un libro  moi  bonito  coas nosas estatuas favoritas. Tamén aprendimos  cousas  sobre Vigo:  donde está  Vigo,  como son a súa  bandeira e o seu escudo, as  praias e montes, algunhas rúas. Aprendimos quen  son os que fan esculturas e monumentos e que materiais e ferramentas  empregan. Gustounos moitísimo aprender cousas sobre Vigo e os seus monumentos.
Esperamos que vos guste o noso traballo. A nós  encantounos.

























 


                       CARTAS  DE  AMOR  E  AMISTADE



En  febreiro  convocouse,  como tódolos  anos no cole, o concurso  de  cartas  de amor e amistade. Na  nosa  clase participamos  todos.as- Cada un  escribiulle  unhas palabriñas  a algunha persoa querida:  ao mellor  amigo ou amiga,  a mamá ou papá, ao  irmán  ou  irmá....Tamén fixemos uns bonitos  debuxos. Cando rematamos metimos  cada un a súa  carta no  buzón do  corazón  grande de Cupido, na entrada da nosa  biblioteca.  Os  gañadores  recibiron un bonito  agasallo. As cartas  gañadoras  da nosa clase foron  as  de Diego e de Vega. Parabéns  aos gañadores e tamén a  tódolos participantes.







                                     





COCIÑANDO  AREPAS VENEZOLANAS
A  mamá  e  o  papá  de Ainhoa, ofrecéronse  a  facernos un obradoiro de cociña:  preparamos  arepas  venezolanas. Tamén  coñecimos  as  súas  orixes e donde  está  Venezuela. As  arepas  son  unha  comida moi típica e  coñecida  da cociña  venezolana, son para os  venezolanos  coma  o  pan  para nós. Elabóranse con  fariña  de millo, auga  e un pouquiño  de sal.  Podemos  engadirlles  azúcre na  masa ou non. Unha  vez feita a masa  fanse boliñas pequenas, que  se aplastan en forma  de tortiña e tóstanse  na sartén con unha  pinguiña  de aceite ou manteiga. A verdade  é que están moi ricas.
Moitas  gracias Mary  e  Aarón por regalarnos o  voso tempo  para algo tan bonito.




































ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES