COCIÑANDO  AREPAS VENEZOLANAS
A  mamá  e  o  papá  de Ainhoa, ofrecéronse  a  facernos un obradoiro de cociña:  preparamos  arepas  venezolanas. Tamén  coñecimos  as  súas  orixes e donde  está  Venezuela. As  arepas  son  unha  comida moi típica e  coñecida  da cociña  venezolana, son para os  venezolanos  coma  o  pan  para nós. Elabóranse con  fariña  de millo, auga  e un pouquiño  de sal.  Podemos  engadirlles  azúcre na  masa ou non. Unha  vez feita a masa  fanse boliñas pequenas, que  se aplastan en forma  de tortiña e tóstanse  na sartén con unha  pinguiña  de aceite ou manteiga. A verdade  é que están moi ricas.
Moitas  gracias Mary  e  Aarón por regalarnos o  voso tempo  para algo tan bonito.




































Comentarios