traballamos na praia

Este venres pola  tarde, aproveitando un bonito día de sol, organizamos unha saída á praia.
Esta actividade foi pensada para concienciar aos nenos e nenas da importancia do cuidado do medio ambiente  e  dos animais que viven neste medio. Durante os días previos, coñecimos algúns animais mariños e aprendimos cousas sobre eles e algunhas curiosidades que nos chamaron a atención. Aprendimos cousas sobre os cabaliños de mar, as medusas, as estrelas de mar, as nécoras, e algúns moluscos como as lapas, mexilóns, ameixas, etc. 
Nesta saída, na que tamén viñeron papás, mamás, avoas e avós, irmáns pequenos e maiores, tíos e tías...recollimos cunchas e tamén limpamos a praia. Todo o material recollido será empregado para facer un mural no exterior do noso cole. Xa veredes que bonito nos vai quedar.
Foi unha bonita experiencia e, sobre todo unha fermosa xornada de convivencia.
Gracias a todos por participar e colaborar sempre.

Comentarios