Proxecto de traballo:
"VIGO. QUE MARABILLA"Durante o primeiro trimestre fixemos un bonito proxecto de traballo no que aprendimos algunhas cousas sobre a nosa cidade, Vigo. Comenzamos buscando e elixindo a estatua ou monumento que máis nos gustaba a cada un. Con papá e mamá visitamos ese monumento e fixemos unha bonita foto nel. Logo buscamos algunha información sobre o noso elixido: como se chama, donde está situado, quen o fixo, de que material está feito, en que data foi creado e que representa. Logo, xa na clase vimos tódalas fotos e cada un explicounos o que aprendeu do seu monumento, buscamos máis información por internet e logo elaboramos as fichas sobre cada un. Qauedounos un libro moi bonito coas nosas estatuas favoritas. Tamén aprendimos cousas sobre Vigo: donde está Vigo, como son a súa bandeira e o seu escudo, as praias e montes, algunhas rúas. Aprendimos quen son os que fan esculturas e monumentos e que materiais e ferramentas empregan. Gustounos moitísimo aprender cousas sobre Vigo e os seus monumentos.
Esperamos que vos guste o noso traballo. A nós encantounos.
Comentarios
Publicar un comentario