Powered By Blogger

SILUETAS DO CORPO COS ÓRGANOS INTERNOS MÁIS IMPORTANTES

Mércores, 24 de novembro de 2021

Xa estamos a rematar o primeiro gran proxecto do curso sobre o noso corpo. Ademais de todas as exposicións dos vosos traballos, que foron unha "pasada"...todas!!, fixemos na clase unha morea de cousas máis. Xa é hora de mostrar algunhas delas. Comezamos co inicio, cando fixemos un neno e unha nena entre todos, con Bruno e Sara como modelos. Aquí empezou todo. 

Sobre un anaco grande de papel contínuo blanco, tumbamos a Sara e a Bruno e perfilamos o contorno dos seus corpos. A partir desta silueta pintamos de dúas tonalidades de cor carne, unha máis escura e outra máis clara, porque todos somos iguais, pero temos algunhas cousas diferentes, unha delas é a cor da pel.

Logo a profe recurtou as siluetas e plastificounas. Despois puxemos o cabelo con lá de cor azul mariño e amarelo. A finalidade era coñecer os nosos órganos e aparellos internos máis importantes e saber donde está cada un deles: cerebro, aparello respiratorio, dixestivo, urinario, circulatorio e reproductor masculino e feminino. Así que fixemos os órganos internos e aparellos máis importantes do noso corpo, pintamos, plastificamos, recurtamos e pegámoslles velcros para poder poñelas e quitalas das siluetas.




Quedounos un bonito e productivo traballo. Xa vos mostraremos nun video como as empregamos para xogar e aprender. Aquí vai un video de todo o proceso, realizado durante varios días durante o mes de outubro. Espero que vos guste.




Máis cousas prontiño. Unha aperta enorme



EXPOSICIÓN DE ENZO: O CORONAVIRUS

Luns, 22 de novembro de 2021                                                                                                     
Xa case estamos a rematar o noso proxecto sobre o corpo e as exposicións dos proxectos dos peques.                                                 Hoxe tócalle a vez a Enzo, que fixo un bonito traballo sobre o       coronavirus, moi axeitado para o noso proxecto de traballo e       moi actual, por desgracia.                                                                           Enzo fixo unha fermosa maqueta na que mostrou unha visión    triste, pero á vez alegre desta pandemia. Representou na súa    maqueta un gran coronavirus e o mundo con unha mascarilla.  
Pero á vez tamén puxo figuras de nenos e nenas alegres.            Tamén lembrou ás persoas que nos están a coidar:                       
medicos-as e enfermeiros-as.                                                                          
Encantounos o teu traballo, Enzo. Noraboa.
                                


VIDEO DA EXPOSICIÓN DE ENZO: O CORONAVIRUS


Se queredes aprender máis cousas dos microorganismos ou microbios, mirade atentamente este video. Xa veredes como aprendedes moitísimo.
Que son os microorganismos? Aula 365


Ata moi pronto

EXPOSICIÓN DE DAMIÁN: OS OLLOS

Xoves, 18 de novembro de 2021 

Hoxe é o turno de Damián, que elaborou un proxecto sobre os ollos. Axudado pola súa familia, fixo un bonito mural nunha cartolina, donde debuxou o interior dun ollo coas súas partes máis importantes e, con unha esfera de polispán  cortada pola metade fixo 2 ollos. Decorou o seu mural con purpurina dourada, azul e verde.  Damián explicounos de marabilla algunhas cousas que aprendeu sobre a vista e os ollos. Quedouche xenial, Damián!!





VIDEO DA EXPOSICIÓN DE DAMIÁN: OS OLLOS



Se queredes aprender máis cousas sobre os ollos e o sentido da vista, invítovos a ver cos peques este video:

"5 cousas que non sabías dos ollos" de happy learning


Vémonos pronto!!!

XOGANDO AOS PORQUIÑOS EN PSICOMOTRICIDADE

 Mércores, 17 de novembro de 2021

A profe Neli, durante a semana do Magosto estivo a facer xogos moi chulos nas horas de psicomotricidade. Aquí van algunhas fotos dos peques xogando aos porquiños, un dos xogos máis divertidos, que precisa concentración e tamén habilidade para ir envolvendo a corda no carrete. O xogo consiste en ir recollendo a corda á que están enganchados os porquiños. O que recolla a corda en menos tempo será o gañador-a.

                                        NAYELI  E  DAMIÁN



                   

                             UXÍA, EMMA, NORA E ENZO




                                      ÁNGEL, ANA  E CATRINA

                   


THAILA, SARA, BRUNO  E MIRIAM

                    



Vémonos pronto...





EXPOSICIÓN DE ANA: ÓRGANOS INTERNOS

Mércores, 17 de novembro de 2021

Xa case estamos rematando os vosos proxectos sobre o corpo. Hoxe imos coa exposición do proxecto de Ana, sobre os órganos internos máis importantes. Ana fixo un bonito mural de unha persoa con goma eva, debuxou e coloreu os órganos máis importantes, e logo pegounos no seu lugar. Para rematar escribiu os seus nomes. Moi ben, Ana, bonito traballo!!


VIDEO DA EXPOSICIÓN DE ANA


Se queredes seguir aprendendo cousas sobre o corpo humán, invítovos a ver este video de aula 365: "como funciona o corpo humán"

Ata pronto

O MAGOSTO

Luns, 15 de novembro de 2021

Xa estamos a mediados de novembro, pasa o tempo voando, verdade? 

Como di un dos moitos refráns galegos, "polo San Martiño, faise o Magosto, con castañas asadas e viño ou mosto". Nós non tomamos viño nin mosto, pero celebramos o noso Magosto.

Fixemos a xa famosa caixiña para as castañas con cartóns de leite, adicada este ano ao Camiño de Santiago. Na nosa clase fixemos unha especie de fusión Castaña_pirata_peregrina, que quedou moi simpática e chamativa. Tamén decoramos a caixa grande da nosa clase para meter todas as castañas asadas antes de repartilas. O venres visitáronnos o castañeiro e a castañeira, que asaron castañas para todo o cole nun asador máquina de tren. Grazas señor e señora castañeiros. Ademáis amenizaron a nosa festa con música galega, como debe ser,  a profe Teresa, a profe Angélica e o profe Lucas.

Aquí vai un video e algunhas fotos da nosa festa do Magosto.












 

Ata a próxima

EXPOSICIÓN DE SARA, THAILA E UXÍA

Xoves, 11 de novembro de 2021

Hoxe tocoulle o turno a Sara, Thaila e Uxía, que fixeron uns traballiños moi chulos e elaborados sobre o noso esquelete.

 Sara fixo un bonito mural sobre cartón no que plasmou un esquelete feito con culleres e garfos de plástico e palliñas, no que tamén escribiu o nome de moitos ósos. 

Thaila tamén traballou moito e colocou sobre unha especie de carpeta un esquelete xa montado de cor negra, tamén escribiu o nome de moitos ósos e pegou imaxes da cara e as súas partes, dos pulmóns e dos músculos. 

Uxía elaborou un mural sobre cartolina con culleres, garfos e palliñas. Tamén escribiu o nome de moitos ósos. 

Felicitacións para as tres, fixéstelo xenial. 

Ah!!, tamén tivemos a visita de Manolo, o esquelete do cole, que é tan grande que parece de verdade.





O ESQUELETE MANOLO



VIDEO DE SARA, THAILA E UXÍA


Déixovos tamén un video de happy learning sobre curiosidades do esquelete: 

"5 cousas que non sabías sobre o esquelete humán"


Espero que disfrutedes dos videos. Unha aperta para todos-as

ANIVERSARIO DE ALICIA. 5 ANOS

Martes, 9 de novembro de 2021

Hoxe celebramos o aniversario de Alicia, que xa ten....5 anos. 

Alicia trouxo para os seus amiguiños e amiguiñas, tamén para Marisa e para a profe, unha bolsiña moi chula de chuches. Moitas grazas Ali e, Parabéns polos teus 5 aniños.


            

    






E agora, un video agasallo para ti.

EXPOSICIÓN DE BRUNO E FELIPE: O CORAZÓN E O SANGUE

Luns, 8 de novembro de 2021

Hoxe imos coa exposición de Bruno e Felipe, que fixeron dous proxectos sobre o corazón,  e decidiron facelo xuntos. Ámbolos dous fixeron uns murais moi chulos en cartulina e explicáronnos de marabilla que é o corazón, para que serve, as súas partes, donde está. Bruno tamén nos falou da importancia dos glóbulos blancos, os vermellos e as plaquetas para combater aos virus e bacterias. Tamén demostraron como funciona un estetoscopio. 
Ah, Felipe é tan tímido que nunca se atreveu a falar diante de todos, pero desta vez atreveuse e fíxoo estupendamente. Noraboa aos dous, moi bos traballos.





VIDEO EXPOSICIÓN DE BRUNO E FELIPE



Agora un video sobre curiosidades do corazón de happy learning

"5 COSAS QUE NO SABÍAS DEL CORAZÓN | CURIOSIDADES FASCINANTES PARA NIÑOS"

 

Ata a próxima

EXPOSICIÓN DE MARÍA: O SISTEMA RESPIRATORIO

 Sábado, 6 de novembro de 2021

Hoxe temos a exposición do proxecto de María, que fixo un bonito mural nun taboleiro de madeira sobre os pulmóns e as súas partes. Quedou moi chulo e, aínda que María é tímida e non falou moito, aprendimos algunhas cousas novas. Encantounos o teu traballo, María. Noraboa




VIDEO DE MARÍA: O SISTEMA RESPIRATORIO


Agora un video sobre o sistema respiratorio, de Smile and learn

Ata a próxima. Boa fin de semana.

EXPOSICIÓN DE NORA: O CORAZÓN E A CIRCULACIÓN

 Martes, 2 de novembro de 2021

Hoxe presentamos a exposición de Nora, que fixo un bonito proxecto sobre o corazón e a circulación do sangue. Nora preparounos un bonito mural no que escribiu as 2 partes do corazón, as súas veas e arterias e como circula o sangue por elas. Fíxoo de marabilla e encantounos o seu mural. Bo traballo Nora.


Aquí vai o video. Espero que o disfrutedes tanto coma nós.
 

Tamén vos deixo este video sobre o sistema circulatorio de Smile and learn

 


ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES