Mércores, 24 de novembro de 2021
Xa estamos a rematar o primeiro gran proxecto do curso sobre o noso corpo. Ademais de todas as exposicións dos vosos traballos, que foron unha "pasada"...todas!!, fixemos na clase unha morea de cousas máis. Xa é hora de mostrar algunhas delas. Comezamos co inicio, cando fixemos un neno e unha nena entre todos, con Bruno e Sara como modelos. Aquí empezou todo.
Sobre un anaco grande de papel contínuo blanco, tumbamos a Sara e a Bruno e perfilamos o contorno dos seus corpos. A partir desta silueta pintamos de dúas tonalidades de cor carne, unha máis escura e outra máis clara, porque todos somos iguais, pero temos algunhas cousas diferentes, unha delas é a cor da pel.
Logo a profe recurtou as siluetas e plastificounas. Despois puxemos o cabelo con lá de cor azul mariño e amarelo. A finalidade era coñecer os nosos órganos e aparellos internos máis importantes e saber donde está cada un deles: cerebro, aparello respiratorio, dixestivo, urinario, circulatorio e reproductor masculino e feminino. Así que fixemos os órganos internos e aparellos máis importantes do noso corpo, pintamos, plastificamos, recurtamos e pegámoslles velcros para poder poñelas e quitalas das siluetas.
Quedounos un bonito e productivo traballo. Xa vos mostraremos nun video como as empregamos para xogar e aprender. Aquí vai un video de todo o proceso, realizado durante varios días durante o mes de outubro. Espero que vos guste.
ANAMARIA
ResponderEliminar