Powered By Blogger
O SAMAÍN Hola de novo. Aquí van as fotos do Samaín. Este ano vestímonos de monstros, zombis, bruxas e cousas que daban un pouco de medo. Tamén fixemos unhas arañiñas con chupachús e unhas caretas de caveira moi coloridas.....gústanos moito o Samaín..xa veredes os traballiños da clase. SAMAÍN on PhotoPeach
Hola de novo a todos e a todas. Neste novo curso que comezou xa estamos en 5 anos. Como pasa o tempo!!!! Empezamos a traballar coas regletas como ferramenta de aprendizaxe das matemáticas e do cálculo, aínda que tamén as empregamos para desenvolver a creatividade e o pensamento diverxente. Empezamos a coñecer as tregletas de cuissinaire xogando con elas e facendo construciións libres sobre unha cartulina de tamaño A4. Logo,a través de un conto que atopei na web e que me pareceu moi chulo para aprender e memorizar as regletas e a cor que representa cada número. A sorpresa foi que ao día seguinte os nenos-as xa sabían as cores e o número correspondente ao asocialo co obxeto (animal, verdura, froita...) do conto. Fixemos a escaleira de cores dende o 1 ata o 10. Seguimos a traballar con elas case a diario, sobre todo de un xeito manipulativo e intuitivo.

xogamos e aprendemos coas regletas

REGLETAS DO 1 AO 10

ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES