Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno horto na nosa aula. Primeiro decoraron libremente, cada un ao seu xeito, as macetiñas dispoñibles e despois, os parrulos e parrulas xogaron coa terra e encheron ben as macetas. Por último puxeron a remolachiña e tapárona ben coa terra. Rematamos regando as nosas plantiñas.
Tamén aprendimos a diferenciar entre plantar e sementar, poñendo nun vasiño de iogur sementes de fabas e chícharos entre 2 algodóns humedecidos. Agora estamos a ver cada día como se van transformando, xa que o algodón permítenos ver moi ben todo o proceso.
Agora toca coidalas moi ben para que crezan fortes e saudables.
Comentarios
Publicar un comentario