Powered By Blogger
O MAGOSTO: XOGOS E MOOOOITAS CASTAÑAS

ARBOL DE NAVIDAD

"EL  ARBOL  DE  NAVIDAD"  É  A PANXOLIÑA QUE ELIXIMOS PARA A ACTUACIÓN DE NADAL. ESTAMOS MOI NERVIOSOS PORQUE É O NOSO DEBUT COMO CANTANTES E BAILARÍNS.  ESPERAMOS QUE VOS GUSTE MOITO.

BO NADAL

                   BO NADAL E FELIZ 2017 PARA TODOS 

     COS NOSOS MELLORES DESEXOS: NENOS E NENAS DE 3 ANOS B E A PROFE 


 
Hola de novo. Aquí temos os esperados videos do Samaín. A ver se vos gustan tanto como a nós.
OBRADOIRO DO CSIC Os científicos e científicas do CSIC, como sempre moi atentos e amables con nós, visitáronnos de novo. Esta vez contáronnos un conto moi chulo sobre unhas fabas que non daban crecido. Tamén nos falaron das legumes. Logo fixemos un experimento moi sinxelo, pero que lles encanta aos nenos-as. Eles sí que ven crecer as súas sementes: fabas e lentellas con algodón humedecido en auga. Todo metido nun vasiño transparente. O Método Científico no seu grado máis elemental...sempre se cumpren as hipóteses. Se non é así faise de novo.

FOMOS Á BIBLIOTECA E A INFORMÁTICA

O primeiro día que fomos á biblioteca, na semana de inauguración, o Rato Pérez, a nosa mascota da biblio, sorprendeunos con 2 agasallos: un conto moi chulo "los siete cabritillos" e con unhas chuches.
Na aula de informática descubrimos que temos moitos ordenadores e unha PDI (Pizarra Dixital Interactiva) nos que podemos aprender moitísimas cousas de xeito divertido e diferente.

OS GOLFIÑOS DE 3 ANOS. OS PRIMEIROS DÍAS DE COLE

Xa empezamos o cole de maiores. Parece mentira, pero os nosos bebés, xa non son bebés...empezan a facerse grandes. No cole adquiren novas experiencias que só poden adquirir convivindo con iguais e adultos que non son da casa, pero que pouco a pouco, pasan a ser unha parte moi importante das súas vidas. Neste momento o máis importante é que aprendan normas básicas de convivencia con outras persoas e persoíñas que non son da familia, que aprendan a ver os perigos, que se sintan seguros ao aprender a facer actividades cotiás básicas para a súa progresiva autonomía: poñer e quitar o mandilón e a chaqueta, abotoarse e desabotoarse, lavar e secar as mans, ir sooíños ao baño e limparse sen axuda, xogar cos compañeiros-as respectándoos, expresarse oralmente de xeito aberto e natural, escoitar aos demais e respectar turnos, coidar das cousas propias e comúns.....en fin, que se sintan seguros e parte do seu grupo-clase, que pouco a pouco sintan a necesidade de experimentar cousas novas e de aprender, pero, sobre todo, que veñan confiados, seguros e felices ao cole.

A NOSA GRADUACIÓN

O DÍA 17 DE XUÑO CELEBRAMOS O FESTIVAL DE FIN DE CURSO. NÓS INTERPRETAMOS UNHA OBRIÑA DE TEATRO "A ESTATUA ENFEITIZADA". LOGO A NOSA GRADUACIÓN...ESTABAMOS TODOS GUAPÍSIMOS, NERVIOSOS E ENTUSIASMADOS.

LETRAS GALEGAS 2016

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: MANUEL MARÍA Hola, xa estamos aquí de novo. Esta vez temos un divertido "photocall" de Manuel María, gran poeta homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.
VISITA AO MUSEO DO MAR Unha experiencia moi chula, anque fíxosenos un pouco curta. Coa nosa guía, Sonia, Visitamos o acuario e coñecimos moitos peixes como as raias que se enterran na area, lubinas, pintos, cabrachos e tamén os mexilóns agarrados ás cordas coma nas bateas.Pero o que máis chamou a nosa atención foi o pequeno tiburón que non paraba de dar voltas e máis voltas. Aprendimos a diferencia entre a langosta e o bogabante. Tamén realizamos unha actividade na que vimos a mandíbula dun tiburón, comprobamos a electricidade das raias e experimentamos a medida das xigantes baleas.

O NOSO HORTO

POR FIN VISITAMOS O NOSO HORTO...XA TIÑAMOS MOITAS GANAS. PLANTAMOS TOMATES, PEMENTOS E LEITUGAS. TAMÉN SEMENTAMOS ESPINACAS. AGORA TÓCANOS COIDALAS MOITO.

21 DE ABRIL DE 2016: DÍA DOS PADRIÑOS LECTORES

DÍA DOS PADRIÑOS LECTORES: 21 DE ABRIL DE 2016

ENTROIDO: OS COHETES DE INFANTIL

Este ano, adicado, como xa sabedes, á ciencia, eliximos disfrazarnos de cohetes. O lema da nosa pancarta foi: " Os cohetes do Pombal, en misión espacial". Por primeira vez tiven a inestimable axuda de algunhas mamás e de unha avoa..Ata de irmáns pequenos, como Aleixo de 2 anos e irmán de Antela, que o pasou pipa axudando. Entre todos fixemos a maior parte do traballo unha tarde de martes. O día do paseo polas rúas do Calvario foi estupendo e ata luciu o sol...chegamos cansos, pero pagou a pena o traballo, xa que o resultado foi inmellorable.

DÍA DA PAZ ESCOLAR

O venres 29 de xaneiro celebramos todos xuntos no patio do cole o Día da Paz. Estivemos toda a semana traballando o lema que describiu a nosa pancarta: "A Paciencia é a ciencia da Paz". Tamén fixemos unhas bonitas coroas de pomba que decoramos; quedaron preciosas e moi chamativas. O día da celebración soltamos globos con unha mensaxe de PAZ...esperamos que esa mensaxe chegue a todas as partes do planeta terra e poidamos aportar o noso pequeno graniño de area para conseguir un mundo mellor e máis xusto.

Bo Nadal

Hola de novo.. aquí vai todo o Nadal. A pose na árbore, a apertura dos agasallos, a merendola e a visita dos nenos e nenas de 5ºA que nos cantaron estupendamente unha panxoliña..No seguinte video a nosa actuación co noso precioso villancico que nos encantou a todos

VISITOUNOS UNHA CIENTÍFICA DO CSIC...QUE GUAI

Este curso, o tema troncal é a ciencia: "A lectura non só se inventa, tamén se experimenta". Para abrir boca, a principios de novembro, investigadoras e investigadoras do CSIC de ciencias Mariñas de Vigo, tiveron a amabilidade de visitar o noso cole para darnos uns obradoiros dos traballos científicos que levan a cabo. Fixérono dunha forma amena e divertida. Vimos cabaliños de mar, ovos de quenlla, planton, esponxas e estrelas mariñas...observamos con unha lupa...tamén escubrimos que os debuxos animados que vemos na tele, como os de Bob Esponja son animais que existen en realidade: Bob Esponxa, Patricio Estrela, O Señor Cangrexo, Calamardo o calamar,arenita a científica....Pasámolo de Ciencia VISITA DA CIENTÍFICA DO CSIC on PhotoPeach

ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES