VISITA AO MUSEO DO MAR
Unha experiencia moi chula, anque fíxosenos un pouco curta. Coa nosa guía, Sonia, Visitamos o acuario e coñecimos moitos peixes como as raias que se enterran na area, lubinas, pintos, cabrachos e tamén os mexilóns agarrados ás cordas coma nas bateas.Pero o que máis chamou a nosa atención foi o pequeno tiburón que non paraba de dar voltas e máis voltas. Aprendimos a diferencia entre a langosta e o bogabante. Tamén realizamos unha actividade na que vimos a mandíbula dun tiburón, comprobamos a electricidade das raias e experimentamos a medida das xigantes baleas.
Comentarios
Publicar un comentario