OS GOLFIÑOS DE 3 ANOS. OS PRIMEIROS DÍAS DE COLE

Xa empezamos o cole de maiores. Parece mentira, pero os nosos bebés, xa non son bebés...empezan a facerse grandes. No cole adquiren novas experiencias que só poden adquirir convivindo con iguais e adultos que non son da casa, pero que pouco a pouco, pasan a ser unha parte moi importante das súas vidas. Neste momento o máis importante é que aprendan normas básicas de convivencia con outras persoas e persoíñas que non son da familia, que aprendan a ver os perigos, que se sintan seguros ao aprender a facer actividades cotiás básicas para a súa progresiva autonomía: poñer e quitar o mandilón e a chaqueta, abotoarse e desabotoarse, lavar e secar as mans, ir sooíños ao baño e limparse sen axuda, xogar cos compañeiros-as respectándoos, expresarse oralmente de xeito aberto e natural, escoitar aos demais e respectar turnos, coidar das cousas propias e comúns.....en fin, que se sintan seguros e parte do seu grupo-clase, que pouco a pouco sintan a necesidade de experimentar cousas novas e de aprender, pero, sobre todo, que veñan confiados, seguros e felices ao cole.

Comentarios