Este curso, o tema troncal é a ciencia: "A lectura non só se inventa, tamén se experimenta". Para abrir boca, a principios de novembro, investigadoras e investigadoras do CSIC de ciencias Mariñas de Vigo, tiveron a amabilidade de visitar o noso cole para darnos uns obradoiros dos traballos científicos que levan a cabo. Fixérono dunha forma amena e divertida. Vimos cabaliños de mar, ovos de quenlla, planton, esponxas e estrelas mariñas...observamos con unha lupa...tamén escubrimos que os debuxos animados que vemos na tele, como os de Bob Esponja son animais que existen en realidade: Bob Esponxa, Patricio Estrela, O Señor Cangrexo, Calamardo o calamar,arenita a científica....Pasámolo de Ciencia
VISITA DA CIENTÍFICA DO CSIC on PhotoPeach
Comentarios
Publicar un comentario