Powered By Blogger

TRABALLO PRIMEIRO TRIMESTRE: OS MINIONS

Mércores, 23 de decembro de 2020

Xa estamos de vacacións!!!. 
Este foi un trimestre duro e especial, pero aínda así traballamos un montón, xogamos moitísimo e aprendimos moitas cousas novas. Fixemos un repaso de todo o traballado o curso pasado e algunha cousiña nova. Ao principio estabamos case todos con moita incertidume e un pouquiño "verdes", pero fomos madurando moi rápido e collendo folgos para habituarnos de novo ao ritmo e os horarios da escola. E, fixémolo moi ben. Estou super orgullosa de vós, porque superastes as miñas expectativas e fixestes que todo fose máis fácil.

Espero que, a pesar de todas as limitacións que tivemos, fose un trimestre constructivo e, sobre todo, un periodo de adaptación á "nova normalidade" imposta pola COVID19. 


Ademais das fichas que levastes para a vosa casa, que inclúen tamén as que quedaran de antes do confinamento (3 anos), fixemos un bonito e divertido traballo sobre Os Minions. Decoramos a nosa aula: portas de entrada, porta do baño, paredes, ventás, mesiñas....e ata uns bonitos vasiños con flocos de millo (palomitas de maíz) e unha bolsa moi chula para levar os nosos traballiños.
Aproveitade o Nadal para ver Os Minions en familia, que xa coñecedes a todos os personaxes.

Estas son algunhas fotos do que fixemos.



















                                                       


                                                          






Aquí vai a película que resume todo o que fixemos, e como fondo, a canción "Papaya mix"....que vos volve toliños. 
Espero que vos guste.


 
Pasade unhas moi felices e merecidas vacacións, descansade o que poidades, e, sobre todo, coidádevos moito.   
       Volveremos a vernos no 2021.





DESPEDIDA DO NOSO COMPI NAYAT

Martes, 22 de decembro de 2020

Ola de novo. 
Xa casi estamos de vacacións de Nadal, este ano moi raras e tristes. Non só pola COVID, que nos ten a todos moi atados e con moitas gañas de que  termine este pesadelo e poidamos vivir como antes. Ademáis, temos outro motivo para estar aínda máis tristes....vaise o noso compi Nayat, por íso quero adicarlle esta entrada. 

Esperamos que sexas moi feliz, xunto coa túa estupenda familia, e que nunca, nunca, te olvides de cada un de nós, da nosa clase, do noso cole, dos teus primeiros anos de cole. Así que fixemos este video para tí, para que lembres momentos bonitos compartidos con todos os teus compañeiros e profes. E, que, cando nos añores ou desexes volver a vernos poidas recurrir a este video sempre que queiras ou o necesites. Esperamos que sigamos en contacto. 
Unha aperta enorme e moitíiiiiiisimos bicos. Sempre estarás nos nosos corazóns.... 
Ata sempre, "loriño parlanchín"






VIDEO  ADICADO A NAYAT





 

Decoración de Nadal

Luns, 14 de decembro de 2020

Póis hoxe, tamén temos unha sorpresa, xa estaba desexando ensinarvos a nosa decoración de Nadal: a nosa árbore e a nosa chimenea. A ver se vos gustan.



Con esta chimenea tan chula e con esos calcetíns de verdade, seguro que os Reis Magos vannos traer moitos agasallos para a nosa clase, ademáis....estamos a portarnos todos de marabilla.

Por certo, temos unha nova amiguiña que empezou hoxe na nosa clase,  chámase  Nayeli. 
Xa  somos 19....guau.
Benvida á aula dos golfiños, Nayali. Un bicazo para ti.

Estas son as fotos que enviastes ao concurso da biblioteca...están todas xenial.


Catrina coa súa mamá Julia e a súa irmá Uma, na rúa de Rosalía de Castro, a carón de unhas bonitas pinturas adicadas a  María do Carme Kruckenverg.


Nora, coa súa mamá Vane e a súa irmá Vera. Moi guapas as 3, nun monumento roca na zona de Samil


Coas Illas Cíes ao fondo, na praia de Samil. 
Preciosa foto 



Na réplica da Ponte de Rande, tamén en Samil




Ao lado dun cáctus xigante



E, por último, Nayat facendo deporte na súa bici no circuito vial do Castro. 


A ver se algunha gaña un dos premios do cole. 

Moita sorte, meus campións e campionas.

Aniversario de Bruno

 Ola de novo.

Hoxe, luns, 14 de decembro, celebramos outro aniversario, o de Bruno, que xa ten tamén 4 anos.

Agora xa tedes todos 4 anos, xa sodes super maiores.

Volvimos a sacar a nosa tartiña de 4 anos e a facer unha bonita coroa que decorou Bruno con unhas pegatinas moi chulas. Xa sabedes, e apagamos a vela no porche, por se acaso. Tamén lle cantamos o "cumpleaños feliz", de Parchís. E, por suposto, o tirón de orellas da sorte.

Tamén Bruno tivo o detalle de agasallarnos con unha bolsiña de chuches....con un selo. Gracias Bruno.









Agora o meu agasallo para Bruno, como sempre Tina e Tin

 

 Xa non teremos outro aniversario ata o 2021, e xa cumpriredes.........5 anos.

Vémonos na seguinte entrada. 

Un bicazo, como sempre.


Aniversario de Ángel

 Boa tarde.

O mércores 9 de decembro celebramos o cumple do noso compi Ángel, que xa ten......4 anos.

Como estamos a facer este curso, fixemos unha bonita coroa, sacamos a nosa torta de "mentira", puxémoslle a veliña e  cantamos o cumpreanos feliz e, para rematar 4 tironciños de orellas. Ángel invitounos a chuches, unhas chulísimas bolsiñas co nome de cada un, que él escribiu. Gracias Ángel.







 








E agora.....o teu agasallo...como sempre Tina y Tim

 Ola  de novo.  

Hoxe é sábado 5 de decembro  de  2020, xa  estamos cerca do Nadal. 

Esta semana estivemos a facer moitas cousiñas....

decoramos moito a nosa aula sobre Os Minions, pero eso será na próxima entrada do blog....sorpresa!!!

O pasado martes tivemos o acendido da árbore de Nadal do cole...foi emocionante esa conta atrás.


                   ACENDIDO DA ÁRBORE DE NADAL DO COLE








Pero,  tamén  colocamos a nosa chimenea e empezamos  a decorar a nosa árbore de Nadal con adorniños que fixemos na  clase con CDS...Vainos quedar chulísimo cando poñamos todo e as luces, xa veredes.

















Tamén estreamos o noso calendario de "advento", e o primeiro en abrilo  foi Nayat, xa que lle tocaba de encargado o martes día 1 de decembro. Xa empezamos a contar xuntos os días que quedan para o 25 de decembro, día de Nadal.


Como vedes, todo está a xirar arredor das películas dos Minions, xa que imos participar no concurso que convocou a biblioteca do cole: decorar a nosa aula arredor dunha temática de cine: "un curso de película". A verdade é que este está a ser un ano de película para todos, un pouco terrorífica.  Os personaxes dos Minions son divertidos, amigables, ocurrentes, moi tenros, e, sobre todo, son unha piña. Fan que o ambiente da nosa clase sexa divertido, ameno, agradable e amistoso, como os Minions. Cando esté rematado veredes o resultado. A ver se vos gusta.

Un saúdo. Vémonos o mércores.

ÚLTIMA ENTRADA

HORTO NA CLASE: REMOLACHAS

Continuamos coa nosa plantación. Durante esta semana, ademais de coidar das verduras e hortalizas do horto escolar, tamén fixemos un pequeno...

ENTRADAS MÁIS POPULARES