Mércores, 23 de decembro de 2020
Xa estamos de vacacións!!!.
Este foi un trimestre duro e especial, pero aínda así traballamos un montón, xogamos moitísimo e aprendimos moitas cousas novas. Fixemos un repaso de todo o traballado o curso pasado e algunha cousiña nova. Ao principio estabamos case todos con moita incertidume e un pouquiño "verdes", pero fomos madurando moi rápido e collendo folgos para habituarnos de novo ao ritmo e os horarios da escola. E, fixémolo moi ben. Estou super orgullosa de vós, porque superastes as miñas expectativas e fixestes que todo fose máis fácil.
Espero que, a pesar de todas as limitacións que tivemos, fose un trimestre constructivo e, sobre todo, un periodo de adaptación á "nova normalidade" imposta pola COVID19.
Ademais das fichas que levastes para a vosa casa, que inclúen tamén as que quedaran de antes do confinamento (3 anos), fixemos un bonito e divertido traballo sobre Os Minions. Decoramos a nosa aula: portas de entrada, porta do baño, paredes, ventás, mesiñas....e ata uns bonitos vasiños con flocos de millo (palomitas de maíz) e unha bolsa moi chula para levar os nosos traballiños.
Aproveitade o Nadal para ver Os Minions en familia, que xa coñecedes a todos os personaxes.
Estas son algunhas fotos do que fixemos.
Aquí vai a película que resume todo o que fixemos, e como fondo, a canción "Papaya mix"....que vos volve toliños.
Espero que vos guste.
Pasade unhas moi felices e merecidas vacacións, descansade o que poidades, e, sobre todo, coidádevos moito.
Volveremos a vernos no 2021.
Comentarios
Publicar un comentario